A Real Academia Galega de Belas Artes nace no ano 1849, creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias.
Nos fins da Real Academia Galega de Belas Artes resaltan o estudo, a salvagarda e promoción das das artes e por conseguinte do patrimonio cultural galego. Funcións especificadas nos seus estatutos e desenvoltas a través dos plenarios e en actividades polos académicos numerarios, de honra e correspondentes, todos eles profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, encadrados nas Seccións de Pintura, Gravado, Arquitectura, Arqueoloxía e Museoloxía, Expertos nas Artes e Artes da Imaxe.
A Real Academia Galega de Belas Artes ten como cerna da súa actividade Galicia e relacionase co resto das Reais Academias do Estado mantendo un estreito lazo nos seus mesmos fins.
Quixéramos que a través destas páxinas se descubrise e se implicase no traballo e nos fins o desta decana institución galega a prol dos intereses culturais de Galicia.
Manuel Quintana Martelo, Presidente.