Castellano Galego

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe
De esquerda a dereita: don Santiago Villanueva Álvarez, delegado do Goberno en Galicia; don Julián Barrio Barrio, arzobispo de Santiago de Compostela; don Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; don Segundo Leonardo Pérez López, deán da Catedral de Santiago; don Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes e don Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega Foto: Xunta de Galicia

Ampliar imaxe
De esquerda a dereita: don Julián Barrio Barrio, arzobispo de Santiago de Compostela; don Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Bellas Artes; don Daniel Lorenzo Santos, director da Fundación Catedral; don Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico do Museo Catedral de Santiago; don Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; don Santiago Villanueva Álvarez, delegado do Gobierno en Galicia Foto Xunta de Galicia
Ampliar imaxe
CARTEL DA EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO A CATEDRAL MESTRE MATEO"

EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO A CATEDRAL. MESTRE MATEO"
 
O xoves día 20 de xullo quedou aberta no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela a exposición Mestre Mateo, sobre o traballo do xenial artista na Catedral de Santiago, que vén ser unha continuación da organizada no Museo do Prado de Madrid. Ao acto de inauguración que tivo lugar no Salón de Cerimonias do Pazo de Xelmírez,  asistiron don Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela; don Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; don Santiago Villanueva Álvarez,  delegado do Goberno en Galicia; don Segundo Leonardo Pérez López, deán da Catedral de Santiago; don Daniel Lorenzo Santos, director da Fundación Catedral; don Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; don Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega e don Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico do Museo Catedral de Santiago e comisario da mesma, entre outras autoridades. A mostra organizada pola Fundación Catedral de Santiago, a Real Academia Galega de Belas Artes e o Museo Nacional del Prado, coa colaboración da Xunta de Galicia, permanecerá aberta ata o 23 de febreiro de 2018.

Nela, por primeira vez, poderán verse esculturas reunidas de novo desde a desaparición da fachada mateana do Pórtico da Gloria. En especial destaca a figura masculina con cartela, recentemente descuberta durante as obras de restauración da Torre das Campás e que, tras o seu paso temporal polo Museo del Prado, regresa á basílica compostelá. Este achado supuxo un avance extraordinario no coñecemento da actividade compostelá do Mestre Mateo. Xunto a elas chegou desde a pinacoteca madrileña un frontal con escenas do Neno Xesús, táboa anónima do século XIII. Ademais, incorpórase ao discurso expositivo a escultura de Santiago o Menor, que se sitúa no acceso da cripta do Pórtico da Gloria, como exemplo do influxo do obradoiro do Mestre Mateo nos séculos posteriores. A escultura, que foi obxecto de restauración, poderá contemplarse por primeira vez fóra do seu emprazamento habitual.
 
Estamos, por tanto, ante unha exposición monográfica temporal con obras do Mestre Mateo pertencentes ás coleccións de arte da Catedral, ás que se incorporan pezas doutros prestadores externos, de maneira que se ofrece ao visitante unha oportunidade única de coñecer en profundidade un período dourado na historia da basílica, comprendido entre os anos 1168 e 1211.
 
Esta exposición conseguiu reunir de forma excepcional unha selección de pezas que foron retiradas do seu emprazamento orixinal (a fachada occidental e o coro da catedral) e que se conservan no propio museo da basílica xacobea e en distintas institucións e coleccións particulares. Organízase en cinco ámbitos expositivos: O Mestre Mateo, o proxecto de Mateo para a Catedral, o Pórtico da Gloria e a súa fachada exterior, o Coro Pétreo e a herdanza de Mateo.
 
O acceso está incluído en calquera das modalidades de visita do Museo da Catedral de Santiago no horario habitual do Museo (Abril-outubro: 9 h a 20 h / Novembro-marzo: 10 h a 20 h).
 
Catálogo
O catálogo que acompaña á exposición contou coa participación de recoñecidos especialistas como José Carlos Vale Pérez e Ramón Yzquierdo Perrín, ambos Académicos de Número da Real Academia Galega de Belas Artes, así como de Manuel Antonio Castiñeiras, da Universidade Autónoma de Barcelona, e do comisario da exposición, Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico do Museo Catedral.
 
O Mestre Mateo e a Catedral de Santiago
A figura do Mestre Mateo está asociada de maneira exclusiva á catedral de Santiago de Compostela, meta de miles de peregrinos que acudían -e acoden- ata ela para render culto ao apóstolo Santiago. Polo menos desde 1168, data de concesión dunha pensión vitalicia por parte do rei Fernando II de León, Mateo atopábase á fronte das obras do templo compostelán, cuxa construción comezara en 1075 e non finalizaría ata 1211.Mateo e o seu equipo levaron a cabo importantes obras en tres campos destacados: a denominada "cripta", situada baixo o Pórtico da Gloria, o propio pórtico e a desaparecida fachada occidental. Levou a cabo ademais un coro pétreo que se instalou nos catro primeiros tramos da nave central da igrexa. A fachada foi modificada a mediados do século XVI e substituída no século XVIII pola actual do Obradoiro, mentres que o coro foi substituído a comezos do século XVII por outro de madeira. Diversas esculturas deses conxuntos foron reaproveitadas na propia catedral e outras pasaron a mans particulares.
 
Esta exposición reúne de forma excepcional varias desas pezas que na actualidade pertencen a diferentes museos e coleccións privadas. Réndese así unha merecida homenaxe ao extraordinario obradoiro creado en torno ao Mestre Mateo, director das obras da catedral "desde os cimentos", como el mesmo quixo deixar gravado en pedra nas limeiras do Pórtico da Gloria, colocadas o 1 de abril de 1188.
 
Descubrindo a Catedral
Esta exposición enmárcase, e vén poñer en marcha, o programa de difusión cultural Descubrindo a Catedral, impulsado pola Fundación Catedral de Santiago. Trátase dunha iniciativa que pretende poñer en valor todo o relacionado coa arte e a historia da basílica xacobea, especialmente relacionado coas obras de restauración que se están levando a cabo nela e que están a permitir profundar e mellorar o coñecemento sobre a súa construción e a súa significación espiritual.

Para ver dossier informativo premer acó
 
Para ver folleto galego-inglés premer a


CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “MAESTRO MATEO EN EL MUSEO DEL PRADO”
 
O día 25 de abril quedou clausurada a exitosa exposición “Maestro Mateo en el Museo del Prado”, que fora inaugurada o 29 de novembro do pasado ano, contabilizándose a cifra dun millón de visitantes.
 
Nesta mostra monográfica dedicada ao Mestre Mateo no marco de colaboración establecida entre a Real Academia Galega de Belas Artes, a Fundación Catedral de Santiago yel Museo Nacional do Prado, foron exhibidas esculturas e relevos realizados polo Mestre Mateo e o seu taller para a fachada exterior do Pórtico da Gloria e o coro pétreo catedralicio, conservadas en coleccións particulares, o Museo de Pontevedra e o propio Museo Catedral de Santiago, que saíron excepcionalmente das súas actuais localizacións e reuníronse por primeira vez, tras permanecer case cincocentos anos separadas, para mostrarse con todo o seu esplendor no Museo Nacional do Prado.  

Información da Exposición Maestro Mateo en el Museo del Prado

Comentario de D. Ramón Yzquierdo Peiró sobre a Exposición

“MARTES DAS ARTES” DA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES
 
Todos os martes terán lugar na Academia, ás 20 horas, actividades de sensibilización. Encontros abertos a todo público, sobre o Patrimonio cultural: presentación de libros, de proxectos de rehabilitación, arqueoloxía, proxeccións, conferencias, debates… guiados por expertos. A finalidade é implicar ao gran público nas cuestión dos patrimonio cultural, tanto inmoble, como moble, e incluso no patrimonio inmaterial, lexislación, responsabilidade….
 
14 MARZO
Conferencia “Límites entre lo público y privado en la arquitectura” a cargo de Gustavo Díaz García.
 
21 MARZO
Conferencia "In-Genius locii. O espazo a través da ilusión" a cargo de Óscar Pedrós.

28 DE MARZO:
Conferencia “A paisaxe e a arquitectura nos debuxos de viaxe” a cargo de José Antonio Franco Taboada
 
4 DE ABRIL:
Conferencia “A vivenda en Galicia ante o cambio climático” a cargo de Joaquín Fernández Madrid
 
11 DE ABRIL: 
Conferencia “O futuro do borde litoral da cidade da Coruña” a cargo de Carlos Nárdiz Ortiz
 
9 DE MAIO:
Conferencia “Arquitectura da posguerra en Galicia” a cargo de Miguel Abelleira Doldán
 
16 DE MAIO:
Conferencia “Arquitectura da posguerra na Coruña” a cargo de Miguel Abelleira Doldán
 
23 DE MAIO:
Conferencia  “De lo contingente a lo necesario. Arquitecturas recientes” a cargo de Emilio Rodríguez Blanco
 
30 DE MAIO: “D. Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973). La Arquitectura de un músico”.
Jacobo Rodríguez-Losada Allende
 
6 DE XUÑO: 
Presentación do Libro CD “Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque” a cargo de Xosé Aldea
 
13 DE XUÑO: 
Conferencia “Restauración do Castelo de Pambre (Lugo)” a cargo de Juan Mario Crecente Maseda
 
20 DE XUÑO: 
Conferencia “Compostela, memoria e desexo” a cargo de Xerardo Estévez Fernández
 
27 DE XUÑO: 
Conferencia “Atelier 15. Obras e proxectos” a cargo de  Aleixandre Alves Costa e Sergio Fernandes [Atelier 15. Porto]

4 DE XULLO:
Presentación da Revista "Galegos número 23" coas intervencións de don Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; de don Alejandro Diéguez Pazos, director de Ézaro Ediciones e do académico de número da Sección de Artes da Imaxe don Xosé Díaz Arias de Castro.

6 DE XULLO:
Presentación do libro "Vento nas velas" coas intervencións de don Xurxo Lobato Sánchez, académico de número da Sección de Artes da Imaxe e autor do mesmo; de don Felipe-Senén López Gómez, académico de número da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía; don José Ramón Soraluce Blond, académico de número da Sección de Arquitectura e de don Avelino Ochoa.

11 DE XULLO:
Presentación da "Revista Adra" coa intervención de don Andrés Díaz Pazos, musicólo e a interpretación de pezas inéditas para pianoforte por parte de don Alejo Amoedo Portela.

3 DE OUTUBRO 
Mesa redonda “Homenaxe a Leopoldo Nóvoa” a cargo de Manuel Quintana Martelo, Celestino Garcia Braña, Xosé Carlos Valle Pérez, Xurxo Lobato e Susana Carlson.


CONCERTOS BENÉFICOS.
OITAVA TEMPADA 2018/19 


A Real Academia Galega de Belas Artes, coa inestimable colaboración de  Orphelion, inician neste  curso 2018/19 a oitava tempada de concertos benéficos, destinado á causa social de sete entidades galegas: “La Cocina Económica de La Coruña”; “Aldeas Infantiles SOS de Galicia”; “Asociación Parkinson Galicia - A Coruña”; “Cáritas Interparroquial da Coruña”; “Asociación Pro Enfermos Mentais ( APEM)” de A Coruña e “Hogar Sor  Eusebia” de A Coruña.
 
A Academia desexa agradecer publicamente, aos compoñentes de  Orphelion así como aos seus colaboradores: Zoar; Trío Schubert, e a pianista Alicia González Permuy, o seu desinteresado espírito de servizo a esta iniciativa benéfico-social; igualmente  ás numerosas persoas que coa súa presenza e a súa axuda económica sosteñen esta iniciativa que a Academia desenvolve para unha causa tan sinalada, mentres contribúe con ela a manter e desenvolver a súa mesma razón de ser, a de servir, segundo os seus propios Estatutos, ao cultivo e fomento das Belas Artes en Galicia.

MARTES, 23 DE OUTUBRO DE 2018 ÁS  20:00 HORAS
PROGRAMA: "NADA MEJOR QUE MOZART"
a beneficio de LA COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA
Obras de Wolfgang Amadeus Mozart
Intérprete: ZOAR [ Joan Ibáñez, frauta * David Villa, oboe * Antonio Suárez,
clarinete * Benjamín Iglesias, trompa * Álex Salgueiro, fagot]
 
MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018 ÁS  20:00 HORAS
a beneficio de ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA
Obras de Beethoven, Blanc
Intérprete: ORPHELION [Deborah Hamburger, violín * Francisco Regozo, viola*  Berthold Hamburger, violoncelo* Todd Williamson, Contrabaixo* Nicolás Gómez, Trompa* Álex Salgueiro, fagot* Antonio Suárez, clarinete*]
 
MÉRCORES, 16 DE XANEIRO DE 2019 ÁS  20:00 HORAS
a beneficio de ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA CORUÑA
Obras de Schubert, Hindemith, Beethoven
Intérprete: TRIO SCHUBERT [Fumika Yamamura , violín * Gabriel Bussi, viola*  Yumino Weber, violoncelo*]
 
MARTES, 26 DE FEBREIRO DE 2019 ÁS  20:00 HORAS
a beneficio de CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE A CORUÑA
Obras de Mozart, Boccherini
Intérprete: ORPHELION
 
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019 ÁS  20:00 HORAS
a beneficio de ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTALES (APEM)
Obras de Schubert, Brahms, Fauré
Intérprete: ORPHELION [Deborah Hamburger, violín * Alicia González Permuy, piano* Berthold Hamburger, violoncelo*]
 
MARTES, 4 DE XUÑO DE 2019 ÁS  20:00 HORAS
PROGRAMA: "RECITAL DE PIANO”
a beneficio de HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA
Obras a determinar
Intérprete: ALICIA GONZÁLEZ PERMUY
 








Contacto  |  Aviso legal  |  

SÁBADO 20 DE OUTUBRO ACTO DE ENTREGA DA MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA “EL ECO” DE A CORUÑA 02/10/2018
       &nb...
Ampliar

 

O MARTES 23 DE OUTUBRO CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DE “LA COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA” NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 01/10/2018
Baixo a organización da Real Academia&nb...
Ampliar

 

INGRESO DE DONA SOLEDAD PENALTA LORENZO NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 29/09/2018
O sábado día 27 de outubro na vil...
Ampliar

 

ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” A 15 MEMBROS DA «CORAL POLIFÓNICA DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTIÑO» DE O GROVE (PONTEVEDRA) 10/09/2018
O domingo día 30 de setembro, dentro dos...
Ampliar

 

​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2019, A LUÍS SEOANE 01/07/2018
A Real Academia  Galega de  Belas Art...
Ampliar

 

A ESCULTORA SOLEDAD PENALTA E A PINTORA MENCHU LAMAS, NOVAS ACADÉMICAS DA GALEGA DE BELAS ARTES 26/05/2018
A Real Academia de Belas Artes, no seu proceso ...
Ampliar

 

"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
Propoñíase esta Academia, coa des...
Ampliar

 


DÍA DAS ARTES GALEGAS - Introducción e Regulamento 07/04/2015
DÍA DAS ARTES GALEGAS A Real Academia...
Ampliar

 

REGULAMENTO MEDALLA DE HONRA 12/03/2010
INTRODUCCIÓN A Medalla de Honra insti...
Ampliar

 

BASES MEDALLAS “MARCIAL DEL ADALID” 08/01/2007
En sesión ordinaria celebrada o dí...
Ampliar

 

BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 07/01/2007
VII SALÓN DE PINTURA 2008 A Real Academ...
Ampliar

 

Desarrollo web: Brigantia