Castellano Galego

"DÍA DAS ARTES GALEGAS" - Introducción e Regulamento

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

DÍA DAS ARTES GALEGAS


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron  paso á humanización do territorio en ribeiras sacras,  encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico e de Europa. Obradoiro de mestres construtores do Gótico. Escola de humanistas e mecenas renacentistas que fan qué Galicia brille. Confíns do contraste, do Barroco, de ilustrados que dan paso ó Neoclasicismo e a un Romanticismo de inquedos precursores, algúns deles ideólogos desta Real Academia, a súa vez creadora de escolas de arte e museos, para culminar nun singular Modernismo que abre á Contemporaneidade. País de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro.
 
“A  1 DE ABRIL ASENTÁRONSE  AS LIMIEIRAS DO PÓRTICO DA GLORIA POR  MATEO”
 
Para celebrar o Día das Artes Galegas a Real Academia Galega de Belas Artes escolle o 1 de abril de cada ano, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galicia encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes. Da cultura, das tradicións, dos saberes dos canteiros e das relacións  foi posible o Pórtico da Gloria.
 

REGULAMENTO

PARA A ELECCIÓN DE CANDIDATOS/AS
 
A Real Academia Galega de Belas Artes, establece un regulamento para a dedicación do “Día das Artes Galegas” conforme á normativa e ó cronograma seguinte:
 
Corresponderá á Academia
  • A selección do homenaxeado/a que recaerá sobre unha figura que se entenda transcendental na Historia das Artes Galegas e da que terán transcorrido máis de 10  anos dende o seu pasamento.
  • As fases de selección serán:
 
MARZO 
1ª) Na Sesión de cada mes de marzo abrirase un prazo (do 1 ó 30 de abril) para a entrada de propostas, debidamente razoadas, presentadas por esta Academia así como por organismos, institucións ou asociacións culturais.
 
ABRIL   
2ª) Na Sesión de abril crearase unha Comisión para o Día das Artes Galegas” a celebrar no ano seguinte, formada por un membro de cada Sección, actuando de Presidente o da Academia ou persoa na que delegue, tomando nota o Secretario, que terá voz e sen voto. Durante o mes de maio esta Comisión valorará todas as candidaturas recibidas, seleccionando ata un máximo de tres. En calquera das fases destas asembleas, e no caso de empate, o Presidente terá voto de calidade.
 
MAIO  
3º) Na Sesión do mes de maio a Comisión presentará ó Pleno as propostas finalistas.
 
XUÑO 
4º) Na Sesión de xuño o Pleno elixirá entre os finalistas o nome do homenaxeado-a.
5º) Esta Comisión seguirá a traballar en todo o relativo ao “Día das Artes Galegas” ata que no mes de marzo do ano seguinte se nomee unha nova Comisión.

Fecha: 07/04/2015







Contacto  |  Aviso legal  |  

"DÍA DAS ARTES GALEGAS" - Introducción e Regulamento 07/04/2015
 
REGULAMENTO MEDALLA DE HONRA 12/03/2010
 
BASES MEDALLAS “MARCIAL DEL ADALID” 08/01/2007
 
BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 07/01/2007
 

Desarrollo web: Brigantia