Castellano Galego

O MESTRE MATEO NO MUSEO DEL PRADO: UNHA INICIATIVA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
A Real Academia Galega de Belas Artes, cunha historia secular tras si na salvagarda e sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, previo un longo proceso de consultas con diferentes institucións e organismos, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación, sensibilización e promoción da creación en Galicia ó longo do tempo. Xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, a identidade e sumala á universalidade, centrada nunha figura ou mesmo dunha entidade creadora. Así, e ó longo dos anos irase formando unha antoloxía de creadores en relación cos contidos das diferentes seccións que forman a Academia Galega de Belas Artes.
 
Para celebrar o Día das Artes Galegas, escóllese o 1 de abril de cada ano, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria, época do episcopado de Pedro Suárez de Deza, e coa que se certifica que aquela é obra dirixida dende  os seus alicerces polo Mestre Mateo. Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fai de Galicia encrucillada de culturas, e  que mesmo sintetiza e presupón todas as demais artes.

Con tal motivo, a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu organizar conxuntamente coa Fundación Catedral de Santiago e coa colaboración do Museo del Prado unha exposición monográfica con obras realizadas polo Mestre Mateo para a catedral de Santiago de Compostela que ofreza ao visitante a oportunidade de coñecer en profundidade un período dourado na historia da basílica, comprendido entre os anos 1168 e 1211.
 
Esta mostra, inaugurada o día 28 de novembro no edificio Villanueva do Museo del Prado de Madrid, reúne as oito esculturas coñecidas que se conservan da desaparecida fachada exterior do Pórtico da Gloria, incluída a recentemente descuberta; outros elementos que tamén formaron parte dela como un rosetón e dous dovelas; e pezas crave para entender o coro pétreo, como San Mateo e Cabalos do cortexo dos Reis Meigos, que ata o século XVII ocupou os primeiros tramos da nave maior catedralicia. Un  total de catorce pezas, algunhas das cales volven reunirse despois de case cincocentos anos, que por primeira vez saen das súas localizacións habituais para mostrar no Prado un relato novo e completo do traballo do Mestre Mateo e o seu taller durante máis de catro décadas na catedral compostelá, período durante o cal o templo foi sometido a unha profunda transformación artística e teolóxica.

Comentario de D. Ramón Yzquierdo Peiró sobre a Exposición

Máis información: ver web do Museo del Prado

Fecha: 29/11/2016







Contacto  |  Aviso legal  |  

ANUNCIO DE PROVISIÓN DUNHA VACANTE DE ACADÉMICO DE NÚMERO DA SECCIÓN DE ARQUEOLOXÍA E MUSEOLOXÍA. 24/04/2017
 
​ABERTO O PLAZO DE DEDICACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2018 05/04/2017
 
​MARTES 2 DE MAIO. CONFERENCIA: “MARUJA MALLO/ ARTE DA VIDA” 04/04/2017
 
18 DE ABRIL DIA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E DOS SITIOS: PATRIMONIO CULTURAL E TURISMO SOSTIBLE 03/04/2017
 
ANO MARUJA MALLO. "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017" 03/04/2017
 
O ARQUITECTO DON MANUEL GALLEGO JORRETO NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 01/04/2017
 
INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA 30/03/2017
 
O MESTRE MATEO NO MUSEO DEL PRADO: UNHA INICIATIVA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 29/11/2016
 
ENTREGA DOS PREMIOS "MARCIAL DEL ADALID" 15/10/2016
 

Desarrollo web: Brigantia