Castellano Galego

MARTES 7 DE MARZO CONCERTO A BENEFICIO DA “ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA”

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxeAmpliar imaxe
Ampliar imaxeAmpliar imaxe
Organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes e o grupo de cámara Artemis Ensemble, terá lugar o martes día 7 de marzo ás 20:00 horas o concerto benéfico “GRAVADOS E MÚSICA” a favor da “Asociación Parkinson Galicia-Coruña”.
 
A función correrá a cargo de JENNI RAHUNEN (canto e acordeónDEBORAH HAMBURGER (violín) e LUDWIG DURICHEN (violín), quen interpretarán Cancións finlandesas, Dúos de Belá Bartók e de Jean-Marie Leclair. 

O concerto estará ilustrado con gravados do artista sirio ALÍ ALÍ, con narracións de JULIÁN CARRILLO SANZ sobre textos de FRANCISCO XOSÉ FERNÁNDEZ NAVAL e a coordinación técnica de BERTHOLD HAMBURGER.
 
Notas sobre o programa:
 
JEAN-MARIE LECLAIR (1697-1764) foi un violinista e compositor francés do Barroco. Considéraselle o fundador da escola francesa de violín. A súa Sonata para dous violíns n.º 5 en mi menor é unha grande obra, onde destaca o virtuosismo do compositor, o uso dos estilos francés e italiano, e a riqueza de harmonía e contrapunto.
 
BELÁ BARTÓK (1881-1945) foi un grande compositor húngaro, pianista e un dos fundadores da etnomusicoloxía. Autor de 44 dúos para dous violíns basados na música folclórica desde Europa Central ata Turquía.
 
AS CANCIÓNS FINLANDESAS destacan pola súa nostalxia e sentimiento. Son cancións tradicionais de gran beleza e poesía.
  
Salón de Actos da Academia (Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1). 
Hora: 20:00
A entrada será mediante donativo, ata completar capacidade.


Para ver programa do concerto premer acó

Para ver currículum dos músicos premer acó


A Real Academia Galega de Belas Artes, coa inestimable colaboración do Cuarteto Artemis Ensemble, inician neste curso 2016/17 a sexta temporada de concertos benéficos, destinado á causa social de seis Entidades galegas: “Aldeas Infantiles SOS de Galicia”; “Cáritas Interparroquial de A Coruña”; “Asociación Parkinson Galicia-A Coruña;  “A Cocina Económica” de A Coruña; “Hogar Sor Eusebia”, de A Coruña, e a “Asociación Benéfica Renacer”.
 
A Real Academia desexa agradecer públicamente, aos compoñentes do Cuarteto Artemis Ensemble (Ludwig Durichen, violín, Deborah Hamburger, violín, Francisco Regozo, viola,  Berthold Hamburger, violoncelo), así como aos seus colaboradores, o Cuarteto de Cordas Schubert (Fumika Yamamura, violín, Adrián Linares, violín, Elena Escalza, violoncelo, Gabriel Bussi, viola), o Ensemble  Zoar (Joan Ibáñez, flauta, David Villa, oboe,  Antonio Suárez, clarinete, Benjamín Iglesias, trompa, Alex Salgueiro, fagot), a pianista Alicia González Permuy, a acordeonista e cantante Jenni Rahunen e ao oboísta Scott MacLeod, o seu desinteresado espíritu de servizo a esta iniciativa benéfico-social; igualmente  ás numerosas persoas que coa súa presenza e a súa axuda económica sosteñen esta iniciativa que a Academia desenvolve para unha causa tan sinalada, mentres contribúe con ela a manter e desenvolver a súa mesma razón de ser, a de servir, segundo os seus propios Estatutos, ao cultivo e fomento das Belas Artes en Galicia.
     

Fecha: 20/02/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

​SÁBADO 25 DE MARZO: INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA 21/03/2017
 
MARTES 28 DE MARZO. CONFERENCIA: “A PAISAXE E A ARQUITECTURA NOS DEBUXOS DE VIAXE” 20/03/2017
 
MARTES 7 DE MARZO CONCERTO A BENEFICIO DA “ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA” 20/02/2017
 
​A REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES ABRE O 2017 DEDICADO Á CREADORA VIVARENSE MARUJA MALLO 10/01/2017
 
O MESTRE MATEO NO MUSEO DEL PRADO: UNHA INICIATIVA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 29/11/2016
 
ENTREGA DOS PREMIOS "MARCIAL DEL ADALID" 15/10/2016
 

Desarrollo web: Brigantia