Castellano Galego

MARTES 28 DE MARZO. CONFERENCIA: “A PAISAXE E A ARQUITECTURA NOS DEBUXOS DE VIAXE”

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

MARTES DAS ARTES
Prosegue o ciclo sobre o Patrimonio Cultural de Galicia realizado pola Academia Galega de Belas Artes co fin de sensibilizar e achegar ao estado da cuestión do mesmo.
 
A conferencia “A paisaxe e a arquitectura nos debuxos de viaxe” será impartida por D. José Antonio Franco Taboada, doutor arquitecto e Profesor Emérito da Universidade da Coruña
 
MARZO
MARTES 28
HORA:  20:00 horas
LUGAR: Academia Gallega de Bellas Artes (plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)

O debuxo da viaxe é unha historia que arrinca desde a antigüidade e que se estende cara ao futuro, é unha aventura imperecedera. Mentres existan artistas e arquitectos moitos deles seguirán viaxando para coñecer as raíces da súa cultura, e sentiranse obrigados a debuxar o que ven como a mellor forma de interpretalo. Deste xeito, ademais, formarán un substrato subconsciente que lles axudará a crear a súa propia e persoal obra. Veremos, nun rápido caleidoscopio, como se enlazan no tempo os seus debuxos formando un fío condutor desde Oriente a Occidente e desde a antigüidade ata os nosos días.

D. José Antonio Franco Taboada

É doutor arquitecto, foi catedrático das universidades Politécnica de Valencia e de Santiago de Compostela. Foi o primeiro Director da Escola de Arquitectura da Coruña, así como do seu Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas e actualmente é Profesor Emérito da Universidade da Coruña. Foi membro do Consello Reitor da E.A.A.E. (European Association for Architectural Education), e concedéuselle a Targa d´Ouro (Placa de ouro) da U.I.D. (Unione Italiana per il Disegno). Como arquitecto é autor de obras como a Torre Costa Rica da Coruña ou o Conservatorio de Música de Santiago, edificio elixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para celebrar o Día mundial da Arquitectura na devandita cidade en 2004. Como artista plástico expuxo recentemente, en abril e maio de 2015 en Atlántica, Centro de Arte e en agosto de 2016 no Real Club Náutico desta cidade.

Entrada ata completar capacidade.
 

Fecha: 20/03/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

​SÁBADO 25 DE MARZO: INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA 21/03/2017
 
MARTES 28 DE MARZO. CONFERENCIA: “A PAISAXE E A ARQUITECTURA NOS DEBUXOS DE VIAXE” 20/03/2017
 
MARTES 7 DE MARZO CONCERTO A BENEFICIO DA “ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA” 20/02/2017
 
​A REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES ABRE O 2017 DEDICADO Á CREADORA VIVARENSE MARUJA MALLO 10/01/2017
 
O MESTRE MATEO NO MUSEO DEL PRADO: UNHA INICIATIVA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 29/11/2016
 
ENTREGA DOS PREMIOS "MARCIAL DEL ADALID" 15/10/2016
 

Desarrollo web: Brigantia