Castellano Galego

​ABERTO O PLAZO DE DEDICACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2019

A un tempo que a Real Academia Galega de Belas Artes celebra o “Día das Artes  Galegas 2018” dedicado ao arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, acordou en sesión ordinaria celebrada o día 3 de marzo abrir o prazo de propostas para a dedicación do próximo ano 2019 de tal xornada a unha figura singular das artes de Galicia. Seguindo o Regulamento para a elección de candidaturas, outorga o prazo do 1 ao 30 de abril para entrada de propostas debidamente razoadas que deberán ser dirixidas á Real Academia Galega de Belas Artes (praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, 15001 Coruña) por organismos, institucións ou asociacións culturais.
 
A primeira dedicación do “Día das Artes  Galegas” tivo lugar o 1 de abril do ano  2015 e foi dedicado ao Mestre  Mateo; a edición do 2016 dedicouse a Castelao e a do 2017 a  Maruja Mallo.

Ver regulamento

Fecha: 04/03/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
 
​ABERTO O PLAZO DE DEDICACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2019 04/03/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 

Desarrollo web: Brigantia