Castellano Galego

MARTES 23 DE MAIO. CONFERENCIA: “DO CONTINXENTE AO NECESARIO. ARQUITECTURAS RECENTES”

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

MARTES 30 DE MAIO. CONFERENCIA: “D. EDUARDO RODRÍGUEZ-LOSADA REBELLÓN (1886-1973). A ARQUITECTURA DUN MÚSICO”
 
Prosegue o ciclo sobre o Patrimonio Cultural de Galicia realizado pola Academia Galega de Belas Artes co fin de sensibilizar e achegar ao estado da cuestión do mesmo.
 
A conferencia “D. Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973). A Arquitectura dun Músico” será impartida por D. Jacobo Rodríguez-Losada Allende, Profesor na ETSA da Coruña. 
 
DÍA: martes 30 de maio
HORA:  20:00 horas
LUGAR: Academia Gallega de Bellas Artes (plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)

Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973) Arquitecto pola E.T.S.A. de Madrid 1911. Arquitecto da Deputación da Coruña (1914-1942). Académico da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario da Coruña (1942-1954).

Previo un somero análise do contexto onde se enmarca historicamente a súa vida e a súa obra, descubriremos a súa vida profesional en canto á Arquitectura e o seu aspecto polifacético como músico, realizaremos un percorrido cronolóxico da súa obra arquitectónica no que se refire exclusivamente ao ámbito xeográfico da cidade  da Coruña, realizada na primeira metade do século XX.
Faremos fincapé nos edificios do ensanche, que son unha referencia moi potente  na imaxe da cidade hoxe en día.

Analizaremos a Cidade-Xardín da que foi impulsor, creador e veciño e tamén describiremos as casas dos mariñeiros de Monte Alto da que foi promotor e arquitecto.
Toda a súa obra arquitectónica realízase xeralmente no ambiente do eclecticismo con incursións no racionalismo.

Simultáneamente produce unha inxente obra musical composta principalmente por: 4 Óperas, 5 Poemas Sinfónicos, 5 Sinfonías e unha gran cantidade de música de Cámara

D. Jacobo Rodríguez-Losada Allende

É Arquitecto pola Universidade de Navarra. Entre os anos 1980 a 1989 foi Arquitecto do Cuerpo de Arquitectos do MOPU. Actualmente exerce a docencia na E.T.S. de Arquitectura da Universidade da Coruña.
É autor de diversas publicacións en revistas de arquitectura, así como posuidor de premios e mencións en diferentes concursos nacionais de arquitectura.
A súa obra arquitectónica desenvólvese, salvo algunha excepción en Galicia, especialmente na cidade da Coruña, entre as que destacan: a Fundación e Museo Santiago Rey Fernández Latorre; a Residencia Terceira Idade “El Remanso”; a Igrexa de Nosa Señora dos Rosales ou o Mercado Municipal da Praza de Lugo.

Entrada ata completar capacidade.
 

Fecha: 23/04/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 23 DE MAIO. CONFERENCIA: “DO CONTINXENTE AO NECESARIO. ARQUITECTURAS RECENTES” 23/04/2017
 
XOVES DÍA 1 DE XUÑO CONCERTO A BENEFICIO DE “ASOCIACIÓN BENÉFICA RENACER” DE A CORUÑA 22/04/2017
 
ANO MARUJA MALLO. "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017" 03/04/2017
 
O ARQUITECTO DON MANUEL GALLEGO JORRETO NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 01/04/2017
 
INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA 30/03/2017
 
O MESTRE MATEO NO MUSEO DEL PRADO: UNHA INICIATIVA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 29/11/2016
 
ENTREGA DOS PREMIOS "MARCIAL DEL ADALID" 15/10/2016
 

Desarrollo web: Brigantia