Castellano Galego

​CICLO SOBRE CONSTRUTIVISMO NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
A Real Academia Galega de Belas Artes organizará a partir da próxima semana e ata o mes de decembro unha serie conferencias sobre a arte da Revolución Soviética, que este ano celebra o seu centenario, incluídas no ciclo “Martes das Artes”. Celebraranse sete conferencias na súa sede (praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1. A Coruña) sobre cinema, música, pintura, arte de propaganda ou arquitectura soviéticas, ás 20:00 horas.
 
A arte soviética foi un movemento extraordinario, que coa subida de Stalin ao poder aminorou o seu esplendor ata acabar desaparecendo na década dos 30. Un exemplo claro deste asombroso movemento foi a tendencia construtivista que xurdiu na arquitectura que aínda hoxe ten influencias na práctica da edificación. As vangardas marcaron o camiño da unión da arte e a vida.
 
O ciclo inaugurarase o vindeiro martes, día 17, cunha conferencia titulada “Unha aproximación ao constructivismo” que impartirá o arquitecto e vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes, don Celestino García Braña. O 24 de outubro intervirá o fotógrafo e académico da Sección de Artes da Imaxe don Xurxo Lobato Sánchez que falará de “Fotografía e revolución”. E para pechar o mes, o 31 de outubro, o académico da Sección de Artes da Imaxe, don Luís Hueso Montón, falará de “Crear un lenguaje: Revolución y Cine”.
 
No mes de novembro, o día 21, o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e académico correspondente don Fernando Agrasar Quiroga, ofrecerá o relatorio “Formalismo y revolución: el soporte teórico de la Vanguardia Rusa”. A seguinte cita será o 28 de novembro coa intervención da doutora en Historia da Arte e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra dona Susana Cendán que comentará as “Vanguardias rusas: Arte, moda y sociedad”.
 
En decembro a primeira conferencia será o día 12, a cargo de don Enrique Jiménez Gómez, académico da Sección de Música, que analizará a “Música y estética artística en la Rusia revolucionaria. E finalmente, o académico da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz Arias de Castro, dará unha conferencia o 19 de decembro sobre “O Laboratorio de Formas de Galicia non ronsel do Vkhutemas ela Bauhaus”.
 
Explosión cultural das vangardas rusas
 
Trala Revolución Soviética de 1917 xorde unha variedade de artes, artistas e medios que apareceron nos primeiros quince anos despois do estalido da Revolución con obras de creadores como Chagall, o pintor e creador da pintura abstracta Kandinski, o pintor Malévich creador do suprematismo intermedio entre a abstracción e o futurismo e coñecido pola súa obra “Cadro negro sobre fondo branco”, Deineka, Mujina, Samojválov, El Lisitski, Pável Filónov, Liubov Popova, o cineasta Serguéi Eisenstein, o compositor Serguéi Prokófiev ou o fotógrafo Alexandr Ródchenko. Ademais de óleos, apareceron moitos traballos en fotografía e outros tantos de pósteres, cerámica, tecidos ou papeis pintados.
 
A comezos do século XX, en toda Europa e Rusia desenvolvéronse os movementos artísticos coñecidos como as vangardas. Pero só coa revolución bolxevique e a chegada das mesmas considérase políticamente a función social da arte. E as chamadas “vangardas históricas” (fauvismo, expresionismo, cubismo, dadaísmo e futurismo) foron o puntapé para movementos que teñen como única regra “non respectar ningunha regra”, introducindo elementos innovadores respecto das formas tradicionais, utilizando recursos que distorsionan os sistemas aceptados de representación e expresión, coa finalidade de “unir a arte coa vida”.
 
Nun momento convulso onde as protagonistas eran as guerras, os artistas expresaban esta situación cunha produción artística que se caracterizaba por unha gran creatividade que cuestionou todas as convencións estéticas e introduciu novas discusións e desenvolvementos teóricos. Pero o asentamento do stalinismo foi estrangulando a creatividade artística ata decretar en 1934 o chamado “realismo socialista”, que subordinou toda produción artística aos ditados e a exaltación da crecente burocracia soviética.
 

Fecha: 02/11/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 21 DE NOVEMBRO. CONFERENCIA: “FORMALISMO Y REVOLUCIÓN: EL SOPORTE TEÓRICO DE LA VANGUARDIA RUSA” 13/11/2017
 
​CICLO SOBRE CONSTRUTIVISMO NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 02/11/2017
 
ENCONTRO: "UNA MIRADA ACTUAL SOBRE MADARIAGA" (UIMP) 01/11/2017
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉPTIMA TEMPADA 2017/18 30/10/2017
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES ELIXE COMO MEMBRO NUMERARIO A DON DANIEL LORENZO SANTOS 30/10/2017
 
EXPOSICIÓN CASTELAO GRAFISTA. PINTURAS, DEBUXOS, ESTAMPAS 29/10/2017
 
EXPOSICIÓN "DESCUBRIENDO LA CATEDRAL. MAESTRO MATEO" 29/10/2017
 
​O ARQUITECTO ALEJANDRO DE LA SOTA MARTÍNEZ SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO DÍA DAS ARTES GALEGAS DO ANO 2018 01/07/2017
 
MEDALLA DE PRATA “MARCIAL DEL ADALID” A D. XOSÉ TEMPRANO 29/04/2017
 

Desarrollo web: Brigantia