Castellano Galego

MARTES 21 DE NOVEMBRO. CONFERENCIA: “FORMALISMO Y REVOLUCIÓN: EL SOPORTE TEÓRICO DE LA VANGUARDIA RUSA”

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

A Real Academia Galega de Belas Artes prosegue a partir da vindeira semana o ciclo “Martes das Artes” cunha serie de conferencias sobre a arte da Revolución Soviética baixo o título “Ciclo Construtivismo”.
 
A cuarta conferencia “Formalismo y Revolución: el soporte teórico de la vanguardia rusa” será impartida por don Fernando Agrasar Quiroga, Dr. arquitecto, profesor titular do Departamento de Composición Arquitectónica, director da E.T.S.A da UDC e académico correspondente.
 
DÍA: martes 21 de novembro
HORA:  20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)
 
A creación dun novo mundo visual que supuxo a vangarda rusa, construíuse desde un estreito vínculo con outras experiencias artísticas, como o cubismo ou o futurismo, pero adquiriu un especial vigor ao adoptar os principios teóricos do formalismo literario ruso.  O resultado de dotar a formas artísticas experimentais dun forte soporte teórico explica a vixencia daquelas obras xa centenarias.
 
Os principios como o “extrañamiento semántico” ou a “desautomatización das metáforas” están detrás de notables obras pictóricas e arquitectónicas, cuxos exemplos se explicarán con detalle durante a conferencia.
 
O formalismo literario e a experiencia da vangarda rusa viran ao redor dun centro, que aínda hoxe, é unha cuestión aberta: a utilidade da arte. Esa cuestión xerou enormes tensións na experiencia artística rusa, convertida na expresión visual dunha das máis decisivas revolucións da historia, da que agora conmemoramos o seu centenario. 
 
D. Fernando Agrasar Quiroga

É Dr. arquitecto, profesor titular do Departamento de Composición Arquitectónica e director da E.T.S.A da UDC.

Foi codirector da revista Obradoiro, con Jesús Irisarri e actualmente é codirector de Dardo Magazine, con David Varro.

É, á súa vez, membro do Comité Técnico de DOCOMOMO Ibérico e autor de monografías como: “Vanguardia y Tradición. La arquitectura de la Primera modernidad en Galicia” ou “Introducción al conocimiento de la arquitectura”.
Entrada ata completar capacidade
 

Entrada ata completar capacidade.

Fecha: 13/11/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 21 DE NOVEMBRO. CONFERENCIA: “FORMALISMO Y REVOLUCIÓN: EL SOPORTE TEÓRICO DE LA VANGUARDIA RUSA” 13/11/2017
 
​CICLO SOBRE CONSTRUTIVISMO NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 02/11/2017
 
ENCONTRO: "UNA MIRADA ACTUAL SOBRE MADARIAGA" (UIMP) 01/11/2017
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉPTIMA TEMPADA 2017/18 30/10/2017
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES ELIXE COMO MEMBRO NUMERARIO A DON DANIEL LORENZO SANTOS 30/10/2017
 
EXPOSICIÓN CASTELAO GRAFISTA. PINTURAS, DEBUXOS, ESTAMPAS 29/10/2017
 
EXPOSICIÓN "DESCUBRIENDO LA CATEDRAL. MAESTRO MATEO" 29/10/2017
 
​O ARQUITECTO ALEJANDRO DE LA SOTA MARTÍNEZ SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO DÍA DAS ARTES GALEGAS DO ANO 2018 01/07/2017
 
MEDALLA DE PRATA “MARCIAL DEL ADALID” A D. XOSÉ TEMPRANO 29/04/2017
 

Desarrollo web: Brigantia