Castellano Galego

DON MANUEL GALLEGO JORRETO INGRESOU COMO ACADÉMICO DE HONRA

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxeAmpliar imaxe
O sábado 16 de decembro tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña, a sesión Extraordinaria Pública na que tomou posesión don Manuel Gallego Jorreto como membro de Honra na Real Academia Galega de Belas Artes. O acto contou coa asistencia do Reitor da Universidade da Coruña, o Presidente da Audiencia Provincial da Coruña, o segundo Tenente de Alcalde do Concello da Coruña, a Directora Xeral de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Decano-Presidente e outros representantes do COAG así como numeroso público. O discurso de ingreso de Gallego Jorreto versou “Sobre as relacións entre a Arquitectura e a Natureza”, e foi contestado en nome da Academia, polo membro de número da sección de Arquitectura don Celestino García Braña quen destacou as múltiples contribucións do recipiendario ao mundo da arquitectura galega.
 
O arquitecto Gallego Jorreto, resultou elixido membro de Honra en Sesión Ordinaria celebrada o día 1 de abril de 2017. A proposta fue amplamente defendida e considerada en base aos méritos de tan relevante arquitecto, profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña durante máis de vinte anos, autor de numerosos proxectos, posuidor de importantes premios e distincións, entre os que cabe destacar, o Premio  Nacional de Arquitectura (1997), Premio na IV Bienal de Arquitectura Española (1997) e a Medalla de Ouro da Arquitectura (2010).

Fecha: 16/12/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

DON MANUEL GALLEGO JORRETO INGRESOU COMO ACADÉMICO DE HONRA 16/12/2017
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉPTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES ELIXE COMO MEMBRO NUMERARIO A DON DANIEL LORENZO SANTOS 30/10/2017
 
EXPOSICIÓN "DESCUBRIENDO LA CATEDRAL. MAESTRO MATEO" 29/10/2017
 
​O ARQUITECTO ALEJANDRO DE LA SOTA MARTÍNEZ SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO DÍA DAS ARTES GALEGAS DO ANO 2018 01/07/2017
 

Desarrollo web: Brigantia