Castellano Galego

​FALECEMENTO DO ACADÉMICO DON ENRIQUE JOSÉ JIMÉNEZ GÓMEZ

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

     O día 4 de febreiro faleceu en Santiago de Compostela don  Enrique José Jiménez Gómez, nacera en Tui o 27 de setembro de 1946. Licenciado en Medicina e Cirurxía na especialidade de Obstetricia e Xinecoloxía, pertenceu ao Persoal Facultativo Estatutario de Atención Especializada da Seguridad Social e ao Cuerpo Nacional de Profesores Titulares da Universidade de Santiago de Compostela.

    Iniciou os seus estudos musicais en Santiago de Compostela. Foi educado na tradición  violinística da escola franco-belga. Ingresou aos 17 anos na Orquestra da Capela da  SAMI de Santiago de Compostela na que permaneceu ata os 24. Retirouse da interpretación musical en público en 1989 aínda que permaneceu mantendo o cultivo da música de cámara. Participou estreitamente en “Música en Compostela” da que foi o seu vicepresidente. A súa tarefa de investigación foi  moi produtiva no ámbito musical con traballos, presentación de libros, participación en coloquios, mesas redondas e artigos. Foi membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando como  Musicólogo e da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, membro tamén do Seminario de Estudos Galegos na Sección de Historia das Ciencias e das Técnicas e do Consello da Cultura Galega.
 
    Fora nomeado académico de número da Sección de Música  da Real Academia Galega de Belas Artes en sesión do 30 de abril de 2015, ocupando a praza vacante por renuncia de don José López Calo. A súa toma de posesión tivo lugar o 27 de febreiro de 2016 na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos da cidade compostelá pronunciando o discurso titulado A Magna  triloxía  violinística  galega  do  século  XX.
 
 

Fecha: 05/02/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

O XOVES 22 DE FEBREIRO CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DE “ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA” NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 09/02/2018
 
ANUNCIO DE PROVISIÓN DUNHA VACANTE DE ACADÉMICO DE NÚMERO DA SECCIÓN DE ESCULTURA. 08/02/2018
 
​FALECEMENTO DO ACADÉMICO DON ENRIQUE JOSÉ JIMÉNEZ GÓMEZ 05/02/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 
EXPOSICIÓN "DESCUBRIENDO LA CATEDRAL. MAESTRO MATEO" 29/10/2017
 
DON MANUEL GALLEGO JORRETO INGRESOU COMO ACADÉMICO DE HONRA 01/10/2017
 
​O ARQUITECTO ALEJANDRO DE LA SOTA MARTÍNEZ SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO DÍA DAS ARTES GALEGAS DO ANO 2018 01/07/2017
 

Desarrollo web: Brigantia