Castellano Galego

MARTES 22 DE MAIO CONFERENCIA: “NOVA VISIÓN DA FUNCIONALIDADE DA TORRE DE HÉRCULES”.

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Reanudase o ciclo sobre o Patrimonio Cultural de Galicia realizado pola Academia Galega de Belas Artes co fin de sensibilizar e achegar ao estado da cuestión do mesmo.
 
A próxima conferencia será impartida por don Antonio Rodríguez Colmenero, Profesor Investigador  ad  Honorem vitalicio da Universidade de Santiago de Compostela e académico de número da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía da Real Academia Galega de Belas Artes.
 
 
CONFERENCIA:NOVA VISIÓN DA FUNCIONALIDADE DA TORRE DE HÉRCULES "
 
MAIO
MARTES 22
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)
 
Todos sabemos que a chamada Torre de Hércules da Coruña foi case sempre un faro e, ata fai moi pouco tempo, fortaleza, sobre todo na Idade Media. O que a través da conferencia anunciada se pretende é demostrar que non só iso, senón que, desde a época romana era xa faro e fortín defensivo, á parte de  transmisor de sinais, sobre todo de alarma, cara ao interior. Por outra banda, expoñerase o parecer de que, moi posiblemente sería de datación  augustea. Finalmente, existen achados recentes efectuados na súa contorna que son merecedores de ser tidos en conta.
 
D. Antonio Rodríguez Colmenero
 
É na actualidade Profesor Investigador  ad  Honorem  vitalicio da Universidade de Santiago de Compostela, na que foi  Catedrático de Historia Antiga ata datas recentes. Anteriormente exercera a súa actividade docente e investigadora nas universidades de Valladolid, Deusto, Alacante e Oviedo. É, ademais, académico numerario da Real Academia  Galega de  Belas Artes e académico correspondente das Reales Academias Española de la Historia e Portuguesa da mesma disciplina, entre outros títulos que non vén ao caso traer a colación.
 
No seu haber científico figuran unhas 40  monografías sobre o mundo antigo hispano/galaico,  ademais  doutras 500  publicacións, de extensión diversa,  en revistas científicas, ou simplemente culturais, relacionadas coa súa especialidade. En canto a conferencias en congresos e outras actividades poden calcularse nunhas 150.
 
Por outra banda, dirixiu e colaborou en máis de medio centenar de proxectos de investigación nacionais e europeos, e dirixido e publicado  numerosas escavacións arqueolóxicas, entre as que, polo seu volume e importancia, cabe mencionar as da cidade romana de Lugo,  Chaves (Aquae  Flaviae), Castro de  Saceda (Ourense), Campamento romano de Aquis  Querquennis, Bande (Ourense) e Oratorio  paleocristiano de  Ouvigo. É, ademais, Director do Grupo Arqueolóxico Larouco, así como da  revista do mesmo nome, á vez que vicepresidente da Fundación  Aquae  Querquennae- Via  Nova. Tamén foi comisario dalgunhas exposicións de renome, entre as que destacan as de Saxa  Scripta. Inscricións sobre roca, Galicia,  terra única e  Gallaecia  Petrea, estas últimas organizadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a última delas na Cidade da Cultura.
 
No ámbito  epigráfico conta con numerosas publicacións referidas a  Hispania, entre as que destacan as habidas como responsable do  CIL (Corpus  Inscriptionum  Latinarum) para os tres conventos xurídicos do Noroeste Hispánico, sobre todo no que respecta á serie  Miliaria  Imperii  Romani para o tomo  XVII do mencionado corpus, que fomenta e dirixe, desde mediados do século  XIX,  a Academia de Berlín.

 
Entrada ata completar capacidade
 

Fecha: 01/05/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 22 DE MAIO CONFERENCIA: “NOVA VISIÓN DA FUNCIONALIDADE DA TORRE DE HÉRCULES”. 01/05/2018
 
O MÉRCORES 23 DE MAIO CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DA “ASOCIACIÓN BENÉFICA RENACER” NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 30/04/2018
 
"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 

Desarrollo web: Brigantia