Castellano Galego

INGRESO DE DON DANIEL C. LORENZO SANTOS NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

O vindeiro sábado día 30 de xuño ás 19:00 horas, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará Sesión Extraordinaria pública no  Paraninfo de Fonseca en Santiago de Compostela, para a recepción do académico electo da Sección de Arqueoloxía e  Museología, don Daniel Carlos  Lorenzo Santos, quen pronunciará o seu discurso de ingreso baixo o título de “Soños e proxectos sobre o Museo Catedral”.
 
O recipiendario será contestado, en nome da Corporación, por don Miguel Fernández-Cid Enríquez, membro numerario da Sección de Expertos nas Artes.
 
O Sr. Lorenzo Santos, é director xeneral da Fundación Catedral de Santiago, encargado de Cultura do Arcebispado e fabriquero da Catedral. Resultou elixido membro de Número da Real Academia Galega de  Belas Artes, na Sesión Ordinaria celebrada o día 28 de outubro de 2017.

Fecha: 13/06/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

O MARTES 26 DE XUÑO RECITAL DE PIANO BENÉFICO A FAVOR DA “ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTALES” DE A CORUÑA NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 19/06/2018
 
MÉRCORES 27 DE XUÑO. CONFERENCIA: “PATIOS DEL SILENCIO” 16/06/2018
 
INGRESO DE DON DANIEL C. LORENZO SANTOS NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 13/06/2018
 
A ESCULTORA SOLEDAD PENALTA E A PINTORA MENCHU LAMAS, NOVAS ACADÉMICAS DA GALEGA DE BELAS ARTES 26/05/2018
 
​CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA “EL ECO” DE A CORUÑA 25/05/2018
 
"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 

Desarrollo web: Brigantia