Castellano Galego

MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA “EL ECO” DE A CORUÑA

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxeAmpliar imaxe

          A Real Academia Galega de Belas Artes, na sesión ordinaria celebrada o día 26 de maio de 2018, acordou conceder a Medalla de Ouro “Marcial del Adalid", á Coral Polifónica “El Eco” de A Coruña, atendendo ao seu extraordinario mérito  como agrupación non profesional que, de maneira notoria, ven contribuindo ao auxe e esplendor artístico musical de Galicia, cunha consolidada traxectoria histórica e unha recoñocible calidade artística.
 
     Agrupación fundada en 1881 por Pascual Veiga, autor do Himno Galego e da célebre Alborada Gallega, tivo como mestres directores aos célebres músicos José Castro "Chané", José Baldomir, Mauricio Farto, Fernández Amor, Rodrigo A. de Santiago, González de Velasco, Francisco Méndez e Rogelio Groba, entre outros. El “Eco” é a coral en activo máis antiga da Península Ibérica. Entre os seus numerosos premios e galardóns cabe destacar o de Órgano Oficial do Excmo. Concello da Coruña, a Medalla de Prata da Cidade da Coruña e a Medalla de Ouro en París e Oporto.
 
     O seu amplo repertorio abarca a polifonía “a capella”, relixiosa, profana, antiga, moderna, internacional, española e galega. Acompañada de Orquestra ou Banda, interpretou operas, operetas, zarzuelas, cantatas e oratorios. Participou nas temporadas de ópera da Coruña, Vigo, Oviedo e Madrid. O seu repertorio operístico rexistra máis de trinta títulos ofrecidos en máis de dúascentas representacións e actuou as órdes de prestixiosas batutas nacionais e extranxeiras, compartindo cartel con figuras internacionais da lírica. Na actualidade “El Eco” está presidido por Carlos González-Garcés Santiso e o director é Pedro Martínez Tapia.
 
     El acto de entrega de la Medalla de Ouro realizarase en Sesión Extraordinaria púbica o vindeiro día 6 de outubro, na igrexa conventual das Capuchinas da Coruña.
 

Fecha: 25/05/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

​ACTO DE INGRESO DE D. DANIEL LORENZO SANTOS COMO ACADÉMICO NUMERARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 02/07/2018
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2019, A LUÍS SEOANE 01/07/2018
 
A ESCULTORA SOLEDAD PENALTA E A PINTORA MENCHU LAMAS, NOVAS ACADÉMICAS DA GALEGA DE BELAS ARTES 26/05/2018
 
MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA “EL ECO” DE A CORUÑA 25/05/2018
 
"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 

Desarrollo web: Brigantia