Castellano Galego

​ACTO DE INGRESO DE D. DANIEL LORENZO SANTOS COMO ACADÉMICO NUMERARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxeAmpliar imaxe
O sábado 30 de xuño tivo lugar no  Paraninfo do Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela, a sesión Extraordinaria Pública na que tomou posesión don Daniel Carlos  Lorenzo Santos como académico de número da Sección de Arqueoloxía e  Museoloxía na Real Academia Galega de Belas Artes. O acto contou coa asistencia do Arcebispo de Santiago de Compostela, o Deán Presidente da Catedral de Santiago de Compostela, a Concelleira de acción Cultural en representación do Concello de Santiago de Compostela, a Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos en representación da Universidade de Santiago de Compostela, o Secretario Xeral Técnico de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o presidente en funcións do Consello da Cultura Galega así como numeroso público. O discurso de ingreso de Daniel  Lorenzo Santos, baixo o título “Soños e proxectos sobre o Museo Catedral”, foi contestado en nome da Academia, polo membro de número da Sección de Expertos nas Artes don Miguel Fernández-Cid Enríquez quen eloxiou un discurso formulado desde a humildade por Daniel  Lorenzo, ademais de destacar que a Academia sempre considerou que a Igrexa, con tanto, tan variado e significativo patrimonio, debía estar representada nesta centenaria institución galega.
 
Daniel  Lorenzo Santos é director xeral da Fundación Catedral de Santiago, encargado de Cultura do Arcebispado e  fabriquero da Catedral. Resultou elixido membro de número da Real Academia Galega de  Belas Artes, na Sesión Ordinaria celebrada o día 28 de outubro de 2017 polo seu intento renovador en canto á xestión e musealización do patrimonio cultural catedralicio.

Fecha: 02/07/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

​ACTO DE INGRESO DE D. DANIEL LORENZO SANTOS COMO ACADÉMICO NUMERARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 02/07/2018
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2019, A LUÍS SEOANE 01/07/2018
 
A ESCULTORA SOLEDAD PENALTA E A PINTORA MENCHU LAMAS, NOVAS ACADÉMICAS DA GALEGA DE BELAS ARTES 26/05/2018
 
MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA “EL ECO” DE A CORUÑA 25/05/2018
 
"DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018" DEDICADO A ALEJANDRO DE LA SOTA 16/04/2018
 
CONCERTOS BENÉFICOS. SÉTIMA TEMPADA 2017/18 01/12/2017
 

Desarrollo web: Brigantia