Castellano Galego

BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA

VII SALÓN DE PINTURA 2008
A Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, baixo o patrocinio da Excma. Deputación Provincial da Coruña, e co fin de fomentar as belas artes, estimular a creatividade de futuros artistas e seguindo o espírito co cal foi creada esta Academia, convoca o VII SALON DE PINTURA 2008, segundo as seguintes bases.

1.- PARTICIPANTES.
Poderán participar nesta convocatoria todos os artistas, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia, excepto os membros da Academia.

2.- CONDICIÓNS TÉCNICAS
Este certame de pintura estará aberto a todas as correntes estéticas. O tema e a técnica serán libres. Será condición indispensable que as obras presentadas sexan únicas, orixinais, e que non sexan presentadas a ningún outro certame. Cada artista poderá presentar unha obra orixinal e asinada cuxas dimensións serán dun mínimo de 70 x 70 cm. e máximo de 200 x 200 cm. A convocatoria e as presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, así como, polo menos nun xornal de gran circulación nacional.

3.- DOTACIÓN ECONÓMICA
Establécese unha dotación económica de 30.000 euros destinada a premios, que se concederán en función da decisión do xurado e suporán a doazón das obras premiadas por parte dos seus autores en función do establecido na base cuarta.

4.- PREMIOS
Concederanse os seguintes premios, que poderán declararse desertos: - Gran premio de honra, dotado con 12.000 € - Primeiro premio, dotado con 9.000 € - Segundo premio, dotado con 6.000 € - Terceiro premio, dotado con 3.000 € As obras premiadas co gran premio de honra e terceiro premio quedarán en propiedade da Excma. Deputación Provincial da Coruña e as obras premiadas cos premios primeiro e segundo quedarán en propiedade da Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario. A Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario realizará unha exposición coas obras dos artistas seleccionados, coñecida como Salón de Outono de Pintura da Academia. Os autores das obras seleccionadas comprométense a autorizar a súa reprodución aos efectos da súa divulgación mediante todos os soportes que edite a Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, ou terceiras persoas ás súas instancias, durante a vixencia do concurso, non podendo exceder ese prazo dun ano desde o momento do fallo e para o territorio español. Estas autorizacións dos autores realizaranse a título gratuíto para a Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario.

5.- XURADO
O xurado estará integrado por membros ou persoas que designe a Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario e representantes da Excma. Deputación Provincial da Coruña. Con anterioridade á celebración do certame farase pública a composición do xurado.

6.- DOCUMENTACIÓN
A documentación do certame presentarase na forma e sitio que se especifique, entre os días 1 ao 30 de setembro de 2008. Os concursantes presentarán o boletín de inscrición, currículo artístico con foto do autor e diapositiva en cor da obra (35 mm) ou imaxe dixital

7.- DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA
A) Analizadas as documentacións presentadas, o xurado seleccionará as 50 obras que obteñan maior puntuación.
B) Aos 50 artistas seleccionados, a Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario solicitaralles a presentación das obras. Os participantes remitirán as súas obras polo medio de transporte que desexen sempre baixo o seu cargo e responsabilidade. Será requisito indispensable para a recepción das obras que estean protexidas cunha embalaxe reutilizable. Rexeitaranse as obras que non se presenten en perfectas condicións, ou aquelas que pola fraxilidade ou pouca consistencia do material empregado, poidan deteriorarse facilmente. Non se admitirán obras protexidas por cristal. As obras en papel só serán admitidas cunha protección de material plástico ou irrompible. A Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario asegurará as obras durante o tempo que permanezan no seu poder sempre que non se supere o tempo sinalado para a súa retirada.
C) De entre as obras recibidas o xurado realizará unha selección para determinar as obras que deberán ser expostas; a exposición terá lugar aproximadamente entre o 1 de novembro e o 31 de decembro do 2008, dependendo das dispoñibilidades de espazos expositivos. Se é posible levará a cabo unha exposición itinerante por diferentes poboacións da provincia da Coruña. Realizarase un catálogo con fotografías en cor de todas as obras seleccionadas, breve currículo e fotografía persoal de cada artista.
D) De entre as obras presentadas o xurado determinará as premiadas.

8.- DEVOLUCIÓN DAS OBRAS
Os prazos para a retirada das obras serán os seguintes: - Obras non seleccionadas para a exposición do 1 ao 15 de outubro de 2008. - Obras seleccionadas: un mes logo de finalizada a exposición ou, no seu caso, a exposición itinerante. As obras remitidas a través de axencias de transporte serán devoltas aos seus autores, a portes debidos, polo mesmo sistema. Aquelas obras que non sexan retiradas nos prazos establecidos, devolveranse aos seus autores polo medio de transporte que, a criterio da Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, considérese máis idóneo, correndo os gastos a cargo daqueles. A Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario non se fará responsable dos gastos ou extravíos que puidesen sufrir as obras non retiradas nos prazos establecidos.

9.- ACEPTACIÓN
A participación neste certame supón a total aceptación das presentes bases.

Boletín de Inscrición

OBRAS PREMIADAS NAS DIFERENTES EDICIÓNS
PRIMEIRO SALÓN DE OUTONO 1996
SEGUNDO SALÓN DE OUTONO 1998
TERCEIRO SALÓN DE OUTONO 2000
CUARTO SALÓN DE OUTONO 2002
QUINTO SALÓN DE OUTONO 2004
SEXTO SALÓN DE OUTONO 2006
SÉPTIMO SALÓN DE OUTONO 2008

Fecha: 07/01/2007







Contacto  |  Aviso legal  |  

"DÍA DAS ARTES GALEGAS" - Introducción e Regulamento 07/04/2015
 
REGULAMENTO MEDALLA DE HONRA 12/03/2010
 
BASES MEDALLAS “MARCIAL DEL ADALID” 08/01/2007
 
BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 07/01/2007
 

Desarrollo web: Brigantia