O vindeiro martes 21 de xaneiro dará comezo o Ciclo de conferencias “A modernidade e o mar: arquitecturas do borde”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias. Según Luz Paz Agras, coordinadora del Ciclo: “A Modernidade e o mar míranse con atracción. A unha relación tradicionalmente vencellada ao produtivo e á necesidade de protección da terra fronte ao mar, ábrese agora unha fiestra cara a permeabilidade deste borde.
As innovacións técnicas vencelladas á arquitectura do Movemento Moderno, a asunción das bondades sanitarias e de benestar no desfrute destas marxes ou o desexo de inmersión nestas paisaxes, converten o límite terra-auga nun espazo a colonizar.
O ciclo percorre arquitecturas que atopan inspiración nas novas formas aerodinámicas dos espazos radi [...]
O pasado sábado 21 tivo lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña o ingreso da académica electa da Sección de Música Rosa Cedrón Fernández Leu o seu o seu descurso “Entre dous mares: do mundano ao trascendental" tras o cal interpretou un pequeno recital compoesto por catro pezas tanto da súa autoría como de música tradicional popular.
Rosa Cedrón, artista integral e polifacética, compaxinou os seus estudos co seu ingreso na Orquestra de Cámara Municipal da Coruña e, posteriormente, na Banda Municipal da cidade. Tras anos de preparación e un expediente brillante accedeu a unha praza como profesora no Conservatorio de Ferrol. Integrante de Luar na Lubre, no que desenvolveu un amplo labor durante 9 anos, actuou nos mellores escenarios, gravando varios discos e recibindo importantes premios pola súa excelente [...]
INTRODUCCIÓN
A Medalla de Honra instituíuse o 28 de Xaneiro de 1989. Os Estatutos da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, fundada por Real Decreto o 31 de Outubre do ano 1849, determina que a súa finalidade é, entre outras, promover e realizar estudos de investigación e para o fomento e desenvolvemento das manifestacions artísticas dentro de Galicia.
A necesidade de recoñecer os valores dos artistas e dos que traballan en beneficio das Belas Artes, fai precisa a creación por parte da Academia dunha Medalla de Honra.
BASES XERAIS. APROBADAS EN SESIÓN DE 31 DE MAIO DE 2014
ARTIGO PRIMEIRO
A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario institúe, con carácter honorífico e para estímulo de cantas manifestacións redunden en beneficio das Belas [...]