• Prza. Pintor Álvarez Sotomayor 1
    15001 A Coruña
  • De Luns a Venres: 9:00 - 16:00
    Horario de inverno

Manuel Quintana Martelo

Saúdo do presidente

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias.
 
Nos  fins da Real Academia Galega de Belas Artes resaltan o estudo, a  salvagarda e promoción das  das artes e por conseguinte do patrimonio cultural galego.  Funcións especificadas nos seus estatutos e desenvoltas a través dos plenarios e en actividades polos académicos numerarios, de honra e correspondentes, todos eles profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, encadrados nas Seccións de Pintura, Gravado, Arquitectura, Arqueoloxía e Museoloxía, Expertos nas Artes e Artes da Imaxe.
 
A Real Academia Galega de Belas Artes ten como cerna da súa actividade  Galicia e relacionase co resto das Reais Academias do Estado mantendo un estreito lazo nos seus mesmos fins.
 
 Quixéramos que a través destas páxinas se  descubrise e se implicase no traballo e nos fins o desta decana institución galega a prol dos intereses culturais de Galicia.



Manuel Quintana Martelo, Presidente.

Últimas novas

Novas e Acordos

Relación de novas e acordos relevantes e recentes relacionados coa Real Academia Galega de Belas Artes e outra información de actualidade e interés.

O vindeiro 18 de xullo ás 21:00 horas terá lugar no Adro da Igrexa de Santa Baia en Mondariz  a inauguración da exposición “Os vieiros de Asorey”, unha das actividades programadas na pasada edición do “Día das Artes Galegas” dedicada ao escultor cambadés Francisco Asorey, mostra na rúa comisariada polo académico Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe-Senén López Gómez e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Mondariz e subvencionada pola Secretaria Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Poderá visitarse no adro da Igrexa de Mondariz do 18 de xullo ao 8 de agosto.
 
Con anterioridade, ás 20:00 horas horas no Centro Social de Mondariz o académico e autor dos textos da mostra, Felipe-Senén López Gómez, impartir&a [...]

+ info

 

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), en colaboración coa Deputación da Coruña, dará inicio o vindeiro luns, 14 de xullo, aos ‘6º Encontros de Mariñán 2025. Residencia de Artistas Emerxentes’, unha actividade organizada para crear sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior de Galicia. O evento celebrarase ata o venres 18 no Pazo de Mariñán, en Bergondo.
 
Cada edición, toma como referencia a traxectoria dun artista, sendo en 2025 Isaac Díaz Pardo, homenaxeado no Día das artes Galegas 2025, e a Castelao en referencia ao Ano Castelao de 2025. Partindo das obras destes dous creadores galegos, proponse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación a temática Terra: materia e lugar.
[...]

+ info

 

Eventos RAGBA

Premios, medallas e concursos

Información sobre os diferentes eventos promocionados por a RAGBA e a súa regulación

DÍA DAS ARTES GALEGAS


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron  paso á humanización do territorio en ribeiras sacras,  encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico [...]

+ info

 

INTRODUCCIÓN

A Medalla de Honra instituíuse o 28 de Xaneiro de 1989. Os Estatutos da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, fundada por Real Decreto o 31 de Outubre do ano 1849, determina que a súa finalidade é, entre outras, promover e realizar estudos de investigación e para o fomento e desenvolvemento das manifestacions artísticas dentro de Galicia.

A necesidade de recoñecer os valores dos artistas e dos que traballan en beneficio das Belas Artes, fai precisa a creación por parte da Academia dunha Medalla de Honra.

BASES XERAIS. APROBADAS EN SESIÓN DE 31 DE MAIO DE 2014

ARTIGO PRIMEIRO

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario institúe, con carácter honorífico e para estímulo de cantas manifestacións redunden en beneficio das Belas [...]

+ info

 

Coleccións arquivísticas

Fondos da academia

A RAGBA dispón dunha biblioteca especializada en Belas Artes xeral e de Galicia, así coma dous importantes coleccións arquivísticas, en proceso de catalogación

ARQUIVO MUSICAL DE GALICIA

Único en Galicia
A catalogación realizouse mediante un eficaz proxecto de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Biblioteca e a Sección de Música da Academia, baixo o patrocinio, dende os seus comezos, da Fundación Caixa Galicia [...]
Colección de partituras musicais
Mais de 1.000 partituras, ademais de discos, casetes e videos
+ info  

ARQUIVO FOTOGRÁFICO

D. Manuel Chamoso Lamas
A Academia de Belas Artes dispón do arquivo documental Manuel Chamoso Lamas sobre o Patrimonio Monumental de Galicia. Patrimonio documental, arquitectónico, etnográfico e urbanístico, recollido durante o século XX [...]
Arquivo documental de imáxenes
10.826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4.814 fotografías positivadas
+ info  

Título de Real dende o 12 de xullo de 1916

Historia da academia

A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituida por catro categorías de Académicos: Numerarios, Correspondientes, Honorarios e Supernumerarios.

RAGBA

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias [...]

+ info