• Prza. Pintor Álvarez Sotomayor 1
    15001 A Coruña
  • De Luns a Venres: 9:00 - 16:00
    Horario de inverno

FELICITACIONES Y DENUNCIAS

Parabéns, denuncias e preocupacións

A ACADEMIA MOSTRA UNHA VEZ MÁIS A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS FONDOS ARTÍSTICOS DAS ANTIGAS FUNDACIÓNS CAIXAGALICIA E CAIXANOVA

Na última Sesión celebrada o 26 de outubro, Real Academia Galega de Belas Artes acordou transmitir aos responsables de Novagalicia Banco a preocupación polos fondos artísticos procedentes das antigas Fundacións Caixagalicia e Caixanova. O desexo transmitido pola Academia é que estes fondos permanezan unidos e en territorio galego. Con este acordo a Academia volve mostrar, como xa fixo no ano 2011, a súa preocupación polo futuro dunha importante parte do noso Patrimonio Artístico.

En contestación a esta preocupación, os responsables de Novagalicia Banco transmitiron á Academia que non só comprenden senón que tamén comparten estas ideas e están a traballar para garantir a protección destes bens