SOLICIA Real Academia creou en 1989 o Arquivo Musical de Galicia, ao non existir ningún destas características ba nosa Autonomía. A catalogación realizouse mediante un eficaz proxecto de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Biblioteca e a Sección de Música da Academia, baixo o patrocinio, dende os seus comezos, da Fundación Caixa Galicia.
FINS
Os fins do Arquivo Musical son a recuperación, tratamento técnico e conservación da documentación musical creada ou relacionada con Galicia, para finalmente pór a disposición do investigador e de toda persoa interesada no estudo ou interpretación, a información musical galega contemporánea.
FONDOS MUSICAIS
Os fondos musicais existentes na actualidade están constituidos por máis de 1000 partituras, ademais de discos, casetes e vídeos. A maior parte deste material procede de diversas donacións realizadas por destacados músicos galegos ou os seus herdeiros, contándose entre estas donacións as obras de Garaizábal, Mauricio Farto, Francisco Pillado, o Pai Xavier Méndez, Ricardo Olmos, Pila Castillo, Rogelio Groba, Rodrigo A. De Santiago, Enrique Macías, Juan Durán, Eduardo Rodríguez Losada, etc. E tamén hai obras deixadas en depósito como as de Manuel Quiroga, pertencentes a Caixa Galicia. Entre estas obras hai moitos manuscritos orixinais, ademais de partituras impresas.
PROXECTOS
A Academia ten como proxecto prioritario a elaboración do catálogo colectivo de partituras musicais dos séculos XIX e XX editadas en Galicia, e que posteriormente irase ampliando a outras épocas.
Tamén é competencia da Academia , en relación co Arquivo Musical de Galicia, a edición e grabación de obras musicais, ademais da organización de concertos.
Paralelamente a estes proxectos, estanse a publicar os catálogos do fondo para a súa difusión.
NORMATIVA DE ACCESO E REPRODUCCIÓN DE FONDOS
SOLICITUDE PARA O ACCESO E CONSULTA DOS FONDOS
SOLICITUDE PARA A REPRODUCCIÓN DOS FONDOS