A Real Academia Galega de Belas Artes conta entre o seu patrimonio con un magnífico fondo de fotografías pertencente á colección particular de D. Manuel Chamoso Lamas, antigo presidente da Academia. Esta colección adquirida pola Academia, co fin de comezar a recuperación de fondos gráficos da historia do Patrimonio monumental i etnográfico de Galicia, compónse de 10826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4814 fotografías positivadas, o que supón un total de unhas 15000 imaxes. Este fondo é o resultado dunha vida adicada polo seu autor a deixar documentada gráficamente a conservación e protección do Patrimonio español e moi especialmente o de Galicia.
En diversas fases e campañas, iniciouse a catalogación e adaptación arquivística, para a súa conservación, de tan importante base documental. Na actualidade o acceso ao material está pendente da completa catalogación e preparación para consulta en proxectos de investigación e traballos historiográficos ou documentais.
Namentres, a Academia divulgou unha parte importante do fondo mediante a realización de tres exposicións cos seus correspondentes catálogos; “Lugo no obxetivo de Manuel Chamoso Lamas”, “Ourense no obxetivo de Manuel Chamoso Lamas” e “Pontevedra no obxetivo de Manuel Chamoso lamas”. A Xunta de Galicia en colaboración coa Academia realizou tamén durante o ano Xacobeo 1999 a exposición “Santiago e os Camiños de Santiago. Obra e fotografía de Manuel Chamoso Lamas”.
VER GALERÍA DE FONDOS ON LINE