12 DE SETEMBRO. RUTAS DE ARQUITECTURA: ESCENARIO DO BARROCO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O sábado 12 de setembro terá lugar a primeira das Rutas de Arquitectura “Escenario do Barroco na provincia de Pontevedra” organizadas pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Real Academia Galega de Belas Artes.
Serán un total 6 percorridos que visitarán 14 localidades da provincia de Pontevedra e se realizarán os sábados de 10,00 a 13,30 horas ata o 17 de outubro.
Esta nova edición de Rutas de Arquitectura terá como eixo temático o Barroco, e está encadrado nos actos do "Día das Artes Galegas” 2020-21 dedicado a Domingo de Andrade.
As inscricións, por rigorosa orde de chegada, poderán realizarse no mail
roteiros.cultura@depo.gal
Toda a información sobre as Rutas poderá consultarse na web
https://www.depo.gal/dia-das-artes-galegas
Fecha: 31/08/2020
|
|
|