CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS
O Plenario da Real Academia Galega de Belas Artes en sesión celebrada o día 26 de xaneiro acordou conceder á Coral Polifónica de Betanzos a Medalla de Ouro “Marcial do Adalid”, atendendo á solicitude formulada polo Excmo. Concello de Betanzos, previo informe favorable da Sección de Música. Estímase que a agrupación cumpre as condicións esixidas no Regulamento e que pola súa longa e importante traxectoria ao longo de cincuenta anos é merecedora do recoñecemento e distinción unidos ao devandito galardón.
25/04/2019
|
|
|