Castellano Galego

MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FACER CAMIÑO EN PONTEVEDRA E POSTERIOR CONFERENCIA “PONTEVEDRA: UN FITO NOS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN A SANTIAGO” A CARGO DE XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
O mércores  18 de novembro terá lugar a inauguración da exposición itinerante "Facer Camiño" na cidade de Pontevedra. O acto terá lugar ás 19:00h na Casa das Campás Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9 de Pontevedra). A continuación, ás 19:30 horas terá lugar  a conferencia “Pontevedra: un fito nos camiños de peregrinación a Santiago”  que será impartida polo historiador da arte, museólogo e académico da Real Academia Galega de Belas Artes Xosé Carlos Valle Pérez; e será presentada polo xornalista don Rafael López Torre.
 
O núcleo habitado de Pontevedra naceu sen discusión en época romana. Descoñecemos, sen embargo, malia que existan distintas propostas ó respecto, cal era o seu nome nesa etapa. Ese asentamento perdeu protagonismo ou, mesmamente, desapareceu como tal en tempos altomedievais. Comezará a recuperarse durante o reinado de Fernando II (1157-1188), monarca que concederá foros en 1169, xunto coa súa muller, a raíña Urraca, ao núcleo asentado a carón dunha ponte, vella xa cando se menciona a súa existencia por primeira vez en 1165, que acabará servindo como referencia para fixar a súa ulterior denominación. Pontevedra coñeceu tempos de esplendor, asentados na pesca, a artesanía e o comercio, durante a Baixa Idade Media e o século XVI. Competía daquela, mesmamente, coa Cidade de Santiago.
 
Don José Carlos Valle Pérez
Licenciado e Doutor, en ambos os dous casos con Premio extraordinario, en Historia da Arte; Membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes e Correspondente das españolas da Historia e Belas Artes de San Fernando, e da de Belas Artes de Portugal; Director Adxunto (1981-1986) e Director (1986-2018) do Museo de Pontevedra; Vicepresidente (1991-1993) e Presidente (1993-2001) da Confederación Española de Centros de Estudios Locales (CECEL-CSIC); Comisario, entre outras, de Exposicións tan destacadas, no ámbito específico da proxección do culto a Santiago, a súa peregrinación e a significación da súa Catedral, como Santiago de Compostela: 1000 anos de peregrinación europea (Gante, Bélxica, no marco de Europalia 85-España); O Pórtico da Gloria e o seu Tempo ( Mostra conmemorativa, celebrada en  Santiago de Compostela en 1988, do VIII centenario do asento dos dinteis do Pórtico da Gloria da súa Catedral); Camiños que fixeron Europa: Santiago e a súa peregrinación (Bratislava, Eslovaquia, 2003, e Cracovia, Polonia, 2003-2004) ou A Virxe Peregrina, Iconografía e Culto (Pontevedra, 2004).E autor de máis de duascentas  publicacións sobre temas históricos e artísticos, estando en posesión de diversos premios e condecoracións.
 
Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias pola COVID 19, a capacidade do acto estará limitada a 12 persoas.

Fecha: 09/11/2020







Contacto  |  Aviso legal  |  

VENRES 20 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA A CARGO DE ANA GOY DIZ “PATRIMONIO MUNDIAL NA DIÓCESE MINDONIENSE. A CATEDRAL DE MONDOÑEDO” 19/11/2020
 
MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FACER CAMIÑO EN PONTEVEDRA E POSTERIOR CONFERENCIA “PONTEVEDRA: UN FITO NOS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN A SANTIAGO” A CARGO DE XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ 09/11/2020
 
MARTES 8 DE SETEMBRO: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ITINERANTE “FACER CAMIÑO” EN CEE 01/09/2020
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE SETEMBRO. RUTAS DE ARQUITECTURA: ESCENARIO DO BARROCO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 31/08/2020
 
EXPOSICIÓN ITINERANTE “FACER CAMIÑO” EN A CORUÑA 25/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia