O mércoles 2 de decembro inaugurouse a exposición itinerante "Facer Camiño" na cidade de Ourense. A mostra na que se asocia a arte co Camiño de Santiago e que leva percorrido desde agosto a decembro as 7 grandes cidades galegas, así como as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas, poderá visitarse ata o vindeiro día 29 de decembro.
A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha antoloxía de 23 pizas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos e cuxo fío condutor son citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinaxe xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
En concreto, a exposición acolle obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado.
A mostra enmarcase no acordo de colaboración institucional existente entre a Real Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia refrendado mediante a firma dun convenio de colaboración en xuño de 2020. Unha colaboración que se centra de maneira monográfica en afondar no vínculo entre a cultura e o Camiño de Santiago, a través dunha programación de calidade, accesible e deslocalizada.
Fecha: 02/12/2020
|