MARTES 15 DE DECEMBRO: CONFERENCIA "A MÚSICA NA XERACIÓN NÓS: A REVISTA" IMPARTIDA POR MARGARITA VISO
A Real Academia Galega de Belas Artes retoma a secuencia dos “Martes das Artes”, na que se prosegue cunha conferencia arredor da Xeración Nós baixo o título “A música na Xeración Nós”, terá lugar o martes 15 de decembro e será impartida pola pianista e musicóloga dona Margarita Viso Soto.
Dna. Margarita Viso Soto
Realizou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música e Declamación da Coruña: de piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Ampliou coñecementos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).
Destacou como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música. Tamén como pianista acompañante na danza e no canto. Realizou concertos acompañando a diversos instrumentistas. Como musicóloga ten investigado principalmente sobre compositores galegos, destacando o seu traballo sobre a figura de Marcial del Adalid.
Creou a editorial VISO dedicada á publicación de música de autores galegos que leva publicados máis de que 40 títulos de Luis de Mison, Santiago de Murcia, Almeida Mota, Gaspar Smith, Beethoven, Bach, Adalid, Torres Adalid, Francisco Piñeiro, Canuto Berea, Chane Eduardo Rodríguez-Losada, Daniel Quintas, Paulino Pereiro, Juan Durán E.M. Soto.
É autora de artigos sobre música en revistas especializadas como Ritmo, Revista de musicología etc.
Foi presidenta da Asociación de Compositores de Galicia.
DÍA: martes 15 de decembro
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)
As actividades do ciclo terán unha capacidade reducida a 18 asistentes polas circunstancias e normativa relacionadas coa situación provocada pola COVID-19: a reserva de praza poderase realizar no teléfono 981 211 602 ou no email info@academiagalegabelasartes.gal
Fecha: 11/12/2020
|
|
|