Castellano Galego

TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE

Inclúese a continuación o texto realizado pola Xunta de Goberno da Academia encol á noticia publicada o pasado 20 de xaneiro en La Región de Ourense:                                                        
 https://www.laregion.es/articulo/ourense/artistas-insisten-alcalde-es-analfabeto-artistico/202101192214211000250.html

A Real Academia Galega de Belas Artes, ante as diferentes noticias coñecidas a través dos medios, así como das manifestacións presentadas  ante esta corporación por académicos e cidadáns, no só de Ourense,  respecto ao posible peche de centros culturais dependentes do Concello de Ourense, como son a Sala J. A. Valente, o Museo Municipal, entre outros, así como polo menosprecio mostrado pola Alcaldia a propostas de creadores, tras acordo da Xunta de Goberno desta decana institución sinte a necesidade de facer chegar ao Alcalde, como Presidente da Corporación Municipal o acordo que sigue:
 
     “o desexo de que se reconsidere a necesidade de potenciación en todos os ámbitos os centros culturais abertos polo Concello, buscando fórmulas de xestión para que cumplan os seus fíns, así como os desexos dos que cos seus aportes de interese cultural contribuiron á dotación dos mesmo. Políticas que entrarían dentro das ansias de canto significou e significa Ourense como referente na creatividade, nas vangardas e na dinamización cultural.  Asume esta corporación  o que significa a perda de espazos de memoria, de dinamización cultural e obra vinculada a pensadores e creadores dos dous últimos séculos, como aos mesmos “Artistiñas”, os que singularizaron a Ourense”.
 
A Real Academia  Galega de Belas Artes - que ten entre o seu fin primordial a salvagarda, estudo e difusión do patrimonio cultural galego e dos seus creadores, para este tempo de reprantexamentos -  insiste na necesidade de ofrecer respostas “cultas”, máis  aínda cando se denota que a cultura, que significa creación, tradición, palabra, relacións... como resposta individual e colectiva  é o mellor remedio para unha sociedade en liberdade e  convivencia, isto é para o  humanismo.
 
Coa mellor ansia e desexos de reconsideración.
 
Pola Xunta de Goberno da Real Academia Galega de Belas Artes.
 

Fecha: 25/01/2021







Contacto  |  Aviso legal  |  

1 DE ABRIL: LEMBRANZA A DOMINGO DE ANDRADE COA COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA NO SEU LUGAR DE ENTERRAMENTO 05/04/2021
 
​ABERTO O PLAZO DE DEDICACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2022 31/03/2021
 
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE 08/03/2021
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONRA DNA. ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ 25/02/2021
 
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021: LOLITA DÍAZ BALIÑO 25/01/2021
 
TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE 25/01/2021
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia