MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA
O vindeiro martes 22 de xuño ás 20:00 h. no Salón de actos da Academia, terá lugar o concerto de premiados do V Concurso Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, acto organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes e o Conservatorio Superior de Música de A Coruña no que intervirán o “Cuarteto Oitavas” (3º Premio) composto Iria María Fernández Sánchez (violín); Alez Millet Alba (violín); Laura Gómez Martínez (viola) e Lucía López Rodríguez (violoncello) que interpretarán Cuarteto en Do Maior K.157de W.A Mozart. Os gañadores do 2º premio, “Dúo Idylle” formado por Antía Vilariño Álvarez (clarinete) e Jorge Manuel Aldao López (clarinete) interpretarán Sonata para dous clarinetes de F. Poulenc e Dúo nº 2 de B. Crusell; por último, o 1º premio recaeu en “Éter Ensemble” composto por Ana Mª Fernández Álvarez (frauta); Sergio Rodríguez Pena (óboe); Rebeca Romero Demuynck (clarinete); Rafael Blanco Pena (trompa) e Lucía Mata Pose (fagot) interpretarán Quinteto de vento en La♭ maior, Op. 14, H 67 de G. Holst.
A actividade terá unha capacidade reducida a 18 asistentes polas circunstancias e normativa relacionadas coa situación provocada pola COVID-19: a reserva de praza poderase realizar de 9 a 16 horas no teléfono 981 211 602 ou no email info@academiagalegabelasartes.gal
Para consultar o programa premer acó
Fecha: 17/06/2021
|
|
|
|
MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 17/06/2021 | | |
|