INGRESO DE D. JESÚS NÚÑEZ FERNÁNDEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA DA RAGBA. SÁBADO 2 DE OUTUBRO NA FUNDACIÓN CIEC DE BETANZOS
A Academia celebrou o pasado sábado, día 2 de outubro sesión extraordinaria pública para o acto de ingreso de D. Jesús Núñez Fernández como académico de Honra da Institución, acto que tivo lugar na sede da Fundación CIEC de Betanzos; o académico electo, fixo entrega ao final do acto dunha obra da súa autoría.
D. Jesús Núñez Fernández foi proposto polos membros numerarios da Real Academia Galega de Belas Artes, don Xurxo Lobato Sánchez, dona Soledad Penalta Lorenzo e don Felipe-Senén López Gómez, resultando elixido en votación realizada na sesión ordinaria celebrada o 26 de xuño de 2021.
Fecha: 02/10/2021
|
|
|