FONDO PESAR POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO CORRESPONDENTE DON JOSÉ TORRES CASAL
Esta Real Academia Galega de Belas Artes quere expresar o seu pesar polo pasamento do seu membro correspondente José Torres Casal finado na Coruña o día 27 de novembro de 2021.
Figura cun importante papel na administración desta Institución na que estivo máis de 50 anos, así como no Museo de Belas Artes da Coruña e na Asoción de Artistas da mesma cidade, nacida o 1 de marzo de 1934, ao abeiro da Academia Galega de Belas Artes. Pesar que fai extensivo a súa familia e amigos.
Foto Xurxo Lobato
Fecha: 29/11/2021
|
|
|