Prosegue o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
O segundo acto do ciclo terá lugar o próximo día 21 de maio no que o fotógrafo Luis Carré reflexionará sobre a súa traxectoria creativa.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) e teñen entrada libre ata completar capacidade
LUIS CARRÉ
Nado na Coruña, comeza os estudos de Arquitectura deixandoos para dedicarse por completo á fotografía.
De formación autodidacta, é fotógrafo profesional desde 1973. En 1975 accede á praza de profesor de fotografía na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Actualmente explora as posibilidades da fotografía dixital dun xeito pictórico, modificando os píxels, estirando, volvendo trazar as imaxes, modificando ou cambiando cores, para sacar o que a imaxe fotográfica esconde. Saber ver, é importante, pero poder descubrir o que as aparencias esconden é unha posibilidade que a técnica dixital facilita dunha maneira que nunca antes púidose facer.
É colaborador de publicacións como Viaxar, Galicia Moda, e Edicións Condé Nast en Galicia, Gourmetour, Consumer ademais de publicar libros alternando con fotografía industrial e de reprodución de obras de arte.
Así mesmo ten no seu haber numerosos galardóns e exposicións tanto individuais como colectivas.