A Real Academia Galega de Belas Artes, en colaboración coa Deputación de A Coruña, veñen organizando desde o ano 2018 unha serie de actividades que pretenden establecer sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia.
A RESIDENCIA DE CREADORES E CREADORAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) é unha das mais salientables destas actividades. Consiste nunhas residencias artísticas que se celebran no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña do 25 ao 29 de xuño de 2024.
Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria. Cara aos encontros do 2024, ano no que a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea ao escultor Francisco Asorey (Fefiñáns, Cambados, 1889 / Santiago de Compostela, 1961) e partindo da súa obra proponse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática: «A PEDRA: TEMPO E MATERIA».
Para consultar dossier informativo premer acó