Continúa a exposición “Os vieiros de Asorey”, unha das actividades programadas para esta edición do “Día das Artes Galegas 2024” dedicada ao escultor cambadés Francisco Asorey, mostra na rúa comisariada polo académico Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe-Senén López Gómez e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Samos que poderá visitarse na Praza de Vergara Vilariño de Samos do 2 ao 23 de agosto.
Para ver folleto da exposición premer acó