O martes 10 de setembro ás 19:00 horas terá lugar no Museo Provincial de Lugo – Vigo (Praza da Soedade, s/n. Lugo) a presentación da exposición “Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos”, mostra comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola da Real Academia Galega de Belas Artes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Museo Provincial de Lugo (Área de Cultura. Vicepresidencia da Deputación de Lugo), un dos actos programados co gallo do 175 Aniversario da fundación da Academia, efeméride que non se quixo deixar pasar, a fin de rescatar a súa meritoria historia, seguindo a proxectar na sociedade galega a súa presenza institucional e a súa actividade cultural.
A intención da celebración do 175 aniversario lévanos a trasladar a realidade da Academia a toda Galicia mediante, entre outros actos e actividades, con esta exposición dunha mostra da súa Colección de Gravados, a referida aos Traballos de Hércules. Una exposición itinerante por Galicia da Colección de 16 gravados orixinais sobre «Os Traballos de Hércules», copiados da serie de pinturas que o artista italiano Luca Giordano realizou para Carlos II no Casón del Buen Retiro de Madrid. Realizados pola Calcografía Nacional en Madrid (h. 1790). Serie de gravados das Coleccións da Real Academia Galega de Belas Artes, sobre o encargo mitolóxico que se fixo a Hércules de doce aventuras, entre as que se atopa a que se desenvolveu en Galicia, do enfrontamento a matar co rei Xerión, para quitarlle o rabaño de bois que arrebatara aos campesiños da rexión. Hércules derrotou a Xerión na Coruña e sobre os seus restos construíu a Torre de Hércules.