O vindeiro sábado 5 de outubro ás 12:00 horas na Igrexa Conventual das Capuchinas (Rúa Panadeiras, 40, A Coruña) con motivo da entrega do Premio “Marcial del Adalid” na súa modalidade “Medalla de Ouro” ao Coro Galego “Cántigas da Terra” de A Coruña.
Desde o seu comezo “Cántigas da Terra” estivo vencellada fundamentalmente ao barrio da Pescadería-Monte Alto da Coruña. A súa primeira sede, na rúa Panadeiras 9, estaba situada no centro neurálxico da vida e o comercio da cidade, a carón do Campo da Leña, onde algúns dos membros fundadores recollían cantares populares de diferentes puntos da Galiza.
O Coro é unha asociación que se move no ámbito da música tradicional galega, mais tamén non descuidou outras facetas da cultura, como a pintura, a arte escenográfica, a poesía ou o teatro. As escenográficas de D. Camilo Díaz Baliño, ou os cadros de D. Manuel Abelenda Zapata, son mostras sobranceiras deste legado artístico. Cun forte carácter asociativo e sen ánimo de lucro, a agrupación desenvolve ininterrompidamente a súa actividade desde hai 106 anos, difundindo o folclore galego, recollido e salvagardado no seu arquivo. “Cántigas da Terra” continúa transmitindo o legado dos nosos devanceiros, eses cantares e melodías que son a alma do noso pobo, e faino dentro da cidade da Coruña, de Galicia e polo mundo, con actuacións e colaboracións diversas.