O día 6 darán comenzo os actos co gallo do 175 Aniversario da fundación da Academia Galega de Belas Artes coa inauguración, ás 18 horas no Museo de Belas Artes da Coruña, da Exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”, mostra na que a Academia colaborou con documentación relativa a 23 arquitectos académicos desde a súa creación.
A continuación, ás 20 horas terá lugar no Teatro Colón da Coruña, o primeiro dos tres concertos consecutivos baixo o título “Os Concertos do Centenario”, recitais integrados exclusivamente por música de compositores galegos, históricos e actuáis entre os que destacan os compositores que foron académicos e nos que que intervirán: “Cántigas da Terra”; Coral Polifónica “El Eco”; Coral Polifónica “Follas Novas”; Coral Polifónica “Sporting Club Casino”; Banda Militar (“Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra”); a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música e a Banda Municipal de Música.
A entrada aos mesmos é libre ata completar capacidade.