O vindeiro martes 17 de decembro o terá lugar ás 20 horas na Real Academia Galega de Belas Artes o concerto de presentación do CD “De través” acto introducido polo editor de Dos Acordes, Javier Jurado e no que a arpista Alba Barreiro e o frautista Fernando Raña interpretarán as pezas: Preludio, Alvorada e Pandeirada de J. Trillo; Sakura Sakura de G. Bussi e Catro pezas galegas para frauta e arpa de J. Durán.
O acto está encadrado nos “Martes das Artes” e terá entrada libre ata completar capacidade.
ALBA BARREIRO
Nada en Vigo, os seus inicios musicais tiveron lugar tomando contacto coas súas raíces galegas a través do baile galego e a pandeireta, na Escola de Lembranzas Galegas de Vigo. Posteriormente, comezou os estudios de piano e un ano máis tarde ingresou na ETRAD na especialidade de arpa celta con Rodrigo Romaní. Pouco despois entrou na Orquestra Folk Sondeseu, con quen pisou por primeira vez un escenario profesional no Festival de Ortigueira ós 15 anos de idade. Con esta formación tivo unha longa traxectoria que a levou a participar en numerosos concertos, festivais internacionais e varios traballos discográficos.
Con 17 anos, ó rematar na ETRAD, iniciou os estudos de arpa clásica con Céline Landelle, arpista da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia). Entrou pouco tempo despois na OJSG (Orquesta Joven de Galicia) onde tomou o seu primeiro contacto co repertorio sinfónico. Formou parte desta orquestra durante varios anos como arpista principal. Máis adiante completaría os seus estudos superiores de arpa en Musikene (Conservatorio Superior de Música del País Vasco) coas arpistas Frédérique Cambreling, Christine Icart e Elisabeth Colard.
Como solista estreou a obra Pórtico da Illa de Monteagudo para arpa e orquestra de Juan Durán, no marco do espectáculo O Canto das Illas pola declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Interpretando esta mesma obra colaborou no traballo discográfico Atlantic Waters, gravado pola Real Filharmonía de Galicia e publicado en 2021. También actuou con esta orquestra como solista na temporada 2022-2023, ademáis de interpretar tamén concertos para arpa con orquestras como a Orquesta Gaos e a Orquesta Vigo 430. Participou en festivais como o Noia Harp Fest, Música no Claustro, Musika-Música, Festival Internacional de Música y Danza de Granada, Achill International Harp Festival... Habitualmente colabora coa Real Filharmonía de Galicia, a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Vigo 430 e o Taller Atlántico Contemporáneo, ademáis doutros conxuntos do panorama galego. Tamén, grazas ó seu perfil polivalente, compartiu escenario con artistas e agrupacións de diversos estilos como Carlos Núñez, Abraham Cupeiro, Xabier Díaz ou Anxo Lorenzo entre outros. Actualmente compaxina o seu traballo nos escenarios coa docencia e a investigación, ademáis de formar parte da dirección do Noia Harp Fest.
FERNANDO RAÑA
Nace en Pontesampaio (Pontevedra) en 1970. A moi curta idade inicia o seu contacto coa música e pronto centra o seu interese na frauta traveseira, motivo polo que se traslada a Madrid onde remata os estudos no Conservatorio Superior de dita cidade coas máximas calificacións (1988).
Posteriormente estuda con Magdalena Martínez, profesora coa que conseguira o Diploma in Flute Performance da Guilhald School de Londres. En 1990 e premiado no 1º Concurso de Xovenes Intérpretes organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. En 1993 recibe unha beca do Festival Internacional de Música e Danza Manuel de Falla de Granada e en 1997 obtén unha menciónn honorífica no «Torneo Internacional de Música» celebrado en Zaragoza. Como complemento a sua formación tamén recibe clases maxistrais dos profesores J. M. Lloréns, Nicolas Brochot, Pierre Dumail, Kate Hill (invitado pola JONDE) e Alain Marion.
Ten colaborado con formacións como a Orquesta Clásica de Vigo, Orquesta Vigo 430, Xoven Orquestra de Galicia, 1ª Orquestra da Escola de Altos Estudios do IGAEM (profesor de vento-madeira), Orquesta Sinfonietta, Orquesta de Cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Lírica Nacional, Orquesta Internacional do Festival de Orquestas Jóvenes de Murcia, Virtuosos de Moscu, Orquesta de Cámara do Festival Mozart, Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, Orquesta Sinfónica de Galicia, etc. Nesa experiencia orquestral cabe reseñar o traballo realizado baixo a dirección de maestros coma James Ross, Enrique Ricci, Jose Ramón Encinar, Josep Pons, Rene Clement, Miquel Ortega, Philip Walsh, Luis Fernando Malheiro, James Judd ou Antoni Witt.
Gravou co guitarrista Román González tres cds de música orixinal para frauta e guitarra escrita no século XX (Dúo «Ran a-Gonza lez»). Cómpre destacar, neste eido, o premio outorgado polo Ministerio de Cultura ao participar na gravación da Sonata para frauta e guitarra de Ángel Barja reeditada pola Excma. Diputación de León. No ano 2008 participou como solista na estrea en España da obra Vortex Temporum de Gerard Grisey programada polo Festival Mozart de A Coruña.
En 1992 aproba as oposicio n ao corpo de profesores de conservatorio do MEC, e tras realizar a sua tarefa pedagóxica en Gijon e Coruña, na actualidade e catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo e invitado a impartir cursos de perfeccionamento ou ofrecer recitais coma solista en salas e conservatorios de Suiza, Italia, Portugal, Lituania, Paises Baixos, Be lxica, Serbia, Montenegro, Albania ou Turquía. No ámbito da investigacion ostenta , dende febrero de 2018, o tí tulo de «Master de Teatro e Artes Escénicas» da Universidade de Vigo cunha investigación acerca da obra para frauta do compositor catalán Salvador Brotóns, compositor sobre o que versan sendas comunicacións científicas publicadas en revistas especializadas co gallo da sua tese de doutoramento na Universidade Politécnica de Valencia.
Para ver programa premer acó
Para ver currículos pulsar acó