O vindeiro sábado 21 ás 12 horas terá lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña o ingreso da académica electa da Sección de Música Rosa cedrón Fernández quen lerá o seu discurso “Entre dous mares: do mundano ao trascendental". Será contestado en nome da Corporación polo numerario Juan Durán Alonso.
En sesión celebrada o día 27 de abril de 2024 na Sede da Academia e despois da votación regulamentaria, á chelista Rosa Cedrón Fernández resultou elixida Académica de número da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes. Foi proposta polos numerarios Alejo Amoedo Portela, Juan Durán Alonso e Carlos Valle Pérez.
Rosa Cedrón, artista integral e polifacética, compaxinou os seus estudos co seu ingreso na Orquestra de Cámara Municipal da Coruña e, posteriormente, na Banda Municipal da cidade. Tras anos de preparación e un expediente brillante accedeu a unha praza como profesora no Conservatorio de Ferrol. Integrante de Luar na Lubre, no que desenvolveu un amplo labor durante 9 anos, actuou nos mellores escenarios, gravando varios discos e recibindo importantes premios pola súa excelente traxectoria musical. Así mesmo, foi convidada por Mike Oldfield á participar na gravación de "Tubular Bells III" con quen realizou, tamén, a xira internacional. Participou en proxectos como a súa colaboración na película "Un bosque de música" dedicada á carreira de Luar na Lubre e as BSO de "Branca Madison" e "Ilegal", ou as colaboracións coa "Barbaría do Sur". Agora mesmo, está inmersa na súa carreira en solitario despois da publicación de tres discos. Actualmente está presentando o seu último traballo "Nómade