O vindeiro martes 21 de xaneiro dará comezo o Ciclo de conferencias “A modernidade e o mar: arquitecturas do borde”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias. Según Luz Paz Agras, coordinadora del Ciclo: “A Modernidade e o mar míranse con atracción. A unha relación tradicionalmente vencellada ao produtivo e á necesidade de protección da terra fronte ao mar, ábrese agora unha fiestra cara a permeabilidade deste borde.
As innovacións técnicas vencelladas á arquitectura do Movemento Moderno, a asunción das bondades sanitarias e de benestar no desfrute destas marxes ou o desexo de inmersión nestas paisaxes, converten o límite terra-auga nun espazo a colonizar.
O ciclo percorre arquitecturas que atopan inspiración nas novas formas aerodinámicas dos espazos radicalmente funcionais dos paquebotes, como o Club Náutico de San Sebastián, construído como unha embarcación varada no costa; arquitecturas-paisaxe que se aventuran a construír a liña límite entre auga e terra, como o Museo Louisiana, ao norte de Copenhague, ou as Piscinas de Leça da Palmeira; ou intervencións sobre arquitecturas en desuso vistas agora como oportunidades para a revitalización dun lugar a través da xeración dunha cultura activa, como o Solar da Unhão en Salvador”.
A primeira conferencia titulada “Solar do Unhão en Salvador de Bahía” terá lugar o martes 21 de xaneiro e será impartida polo Dr. Arquitecto e académico Fernando Agrasar Quiroga. o día 28 de xaneiro, Luz Paz Agras, Dra. Arquitecta e coordinadora del Ciclo impartirá a charla “Museo Louisiana de Arte Moderno en Humlebæk, Dinamarca”, que continuará o día 4 de febreiro coa conferencia “Piscina das Marés en Leça da Palmeira, Matosinhos, Porto” a cargo do Dr. Arquitecto e académico Felipe Peña Pereda. Por último, o martes 11 de febreiro concluirá o Ciclo coa conferencia “Clube Náutico de San Sebastián” que será impartida polos arquitectos Patricia Sabín Díaz e Enrique M. Blanco Lorenzo.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Para ver o díptico do Ciclo premer acó