INTRODUCCIÓN
A Medalla de Honra instituíuse o 28 de Xaneiro de 1989. Os Estatutos da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, fundada por Real Decreto o 31 de Outubre do ano 1849, determina que a súa finalidade é, entre outras, promover e realizar estudos de investigación e para o fomento e desenvolvemento das manifestacions artísticas dentro de Galicia.
A necesidade de recoñecer os valores dos artistas e dos que traballan en beneficio das Belas Artes, fai precisa a creación por parte da Academia dunha Medalla de Honra.
BASES XERAIS. APROBADAS EN SESIÓN DE 31 DE MAIO DE 2014
ARTIGO PRIMEIRO
A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario institúe, con carácter honorífico e para estímulo de cantas manifestacións redunden en beneficio das Belas Artes, a MEDALLA DE HONRA.
ARTIGO SEGUNDO
A MEDALLA DE HONRA será concedida a aquelas persoas ou entidades de carácter público ou privado que destacasen de maneira especial no cultivo, fomento, protección, defensa, etc., nalgún dos campos das Belas Artes, relacionados con Galicia.
ARTIGO TERCEIRO
Este premio será bienal. Para a súa concesión abrirase o concurso a principios do ano correspondente. Para participar no mesmo será preceptivo formular ante a Presidencia da Academia a proposta firmada por calquera persoa ou entidade relacionada coa Arte, acompañada da oportuna relación de méritos e circunstancias que ao seu xuízo xustifique a proposta. O prazo de presentación da proposta será de dous meses dende a publicación da convocatoria.
ARTIGO CUARTO
As propostas presentadas serán seleccionadas e valoradas pola Comisión da Medalla de Honra que estará composta polo Presidente e un Académico por cada sección, elixidos por quenda rotatoria de antigüidade, asistindo como Secretario de dita Comisión con voz pero sen voto, a menos que lle corresponda por quenda rotatoria como Académico e neste caso terá tamén voto, o Secretario da Academia.
ARTIGO QUINTO
Unha vez efectuada a selección, convocándose Sesión Extraordinaria, para coñecemento do Pleno e por votación secreta decidir o que se estime procedente. No caso de que houbera varias propostas realizarase unha votación previa, pasando á votación final as dúas propostas que consigan maior número de votos. Para que se realice a concesión da Medalla de Honra, a proposta vencedora, en votación única, deberá obter a maioría absoluta dos votos dos Académicos Numerarios presentes".
ARTIGO SEXTO
A Medalla irá acompañada do Diploma correspondente.
ARTIGO SÉPTIMO
A concesión da Medalla de Honra farase pública oportunamente e a súa entrega efectuarase coa debida solemnidade.