XOVES 15 DE SETEMBRO: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ITINERANTE “ACCIÓN LAXEIRO” NO VELLO CÁRCERE DE LUGO
Novas e Acordos
O pasado xoves, 15 de setembro tivo lugar a inauguración no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo (Praza da Constitución, s/n) da exposición “Acción Laxeiro”, (visitable ata o vindeiro día 31 de outubro) formada pola obra de Laxeiro "Aparición" e as fotografías, do académico e comisario da mostra Xurxo Lobato, que captaron todo o proceso de realización da obra durante unha tarde na Galería Trinta de Santiago de Compostela. A mostra tamén recolle outras fotografías de Xurxo Lobato que achegan ao espectador ao modo de ver e vivir a vida do recoñecido pintor lalinense.