A Academia expresa o mais fondo pesar polo falecemento do ilustre compositor e académico don Rogelio Groba Groba, figura clave na música galega dos séculos XX e XXI e promotor dos conservatorios galegos así como da Orquestra Sinfónica de Galicia e que deixará na Institución unha permanente lembranza.
Tomou posesión como numerario o 16 de xuño de 1974 no Concello de Ponteareas cun discurso titulado “El maestro Soutullo y la Música gallega” e foi contestado polo académico José Luis Bugallal Marchesi correspondéndolle a Medalla número 20.