O vindeiro luns día 26 de xuño terá lugar a presentación ás 17 horas da 4ª Residencia de creadores e creadoras emerxentes. Encontros en Mariñán, nesta ocasión titulada “Mirar e escoitar ao mar: imaxe, son e s_l_nc_ _” xornadas que terán lugar no Pazo de Maríñán que se levarán a cabo entre o mencionado día 26 e o venres 30 de xuño.
As Xornadas, iniciadas no ano 2018, están coodinadas pola Real Academia Galega de Belas Artes; os conservatorios Superiores da Coruña e Vigo e a Deputación da Coruña e contan coa participación das Escolas de Arte e Superiores de Deseño Antonio Faílde, Mestre Mateo, Pablo Picasso e Ramón Falcón e a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Estes encontros teñen como finalidade reunir estudantes das institucións implicadas para traballar de forma conxunta e desenvolver proxectos creativos interdisciplinarios, que nesta edición se centrarán arredor da obra de Martín Codax, figura homenaxeada pola Real Academia Galega de Belas Artes no “Día das Artes Galegas 2023”, utilizando a mesma como base para a reflexión e chegada aos procesos creativos.
Dossier informativo